Skip to main content
Lourenzá

O Concello laurentino comezará nos vindeiros meses obras de mellora en camiños

Por 2 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Lourenzá informa que xa están adxudicadas e que se van iniciar diversas obras en todo o municipio e son obras financiadas con cargo ao remamente de tesourería do Concello.

A primeira delas será a de rexeneración de camiños municipais ao que se destiñan 280.000 euros e consistirán en actuacións ubicadas en todas as parroquias do Concello, en función das necesidades reais existentes para poder seguir mellorando a calidade das infraestucturas locais.

A actuación proxectada consiste na pavimentación de 37 viais do municipio que presentan un mal estado de conservación debido a súa antiguidade, ó seu uso e as inclemencias meteorolóxicas polo que urxe proceder a súa rehabilitación.

Estas actuacións realizaranse nun total de 11,25 km repartidos polas distintas parroquias do Concello.

O pavimento actual na maioría delas presenta rego asfáltico deteriorado e as actuacións previstas consisten na limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e na aplicación dun dobre tratamento superficial con rego asfáltico.

Outros camiños atópanse actualmente en zahorra e proxéctase un novo firme compactado de grava con aplicación posterior dun tripe tratamento de rego asfáltico.

A segunda gran obra que se executará nos vindeiros meses é a de crear un local multiusos nun tercio da nave do recinto feiral. Esta dará comezo o 10 de febreiro.

A nave existente ten unha superficie de 1.928 metros cadrados dos cales se realizará unha intervención nun tercio da mesma, quedando así a nave dividida en dúas partes. A parte sobre a que se realiza a actuación ten unha superficie de 635 metros cadrados construídos.

“As obras constan da división interior da nave actual en dúas naves para adecuar o espazo a climatizar”, di a rexedora, “mellorar a envolvente térmica das fachadas e a sustitución das carpinterías existentes, acondicionar o pavimento do chan cun pavimento laminado con acabado similar á tarima flotante, facer a instalación eléctrica e a instalación dun sistema de climatización da nave e dun sistema de sonido no local multiusos resultante”.