Skip to main content
Vegadeo

A escola Piyabán vegadense organiza dúas xornadas destinadas a familias e nenos pequenos

Por 2 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Vegadeo organiza dúas xornadas destinadas ás familias e aos conflictos xerados nelas polas novas situacións que se están a vivir.

O taller, Escuela de familias, está a cargo da psicóloga Laura López Iglesias, que ofrecerá dúas charlas, a primeira delas o luns 7 de febreiro, e a segunda o luns 14 de febreiro. Ambas terán unha duración dunha hora e media, comezando ás 16.30 e rematando ás 18.00 horas.

Esta actividade está orientada a familias con fillos de 0 a 3 anos e para anotarse será necesario inscribirse antes do 3 de febreiro na escola Piyabán ou chamando ao teléfono 697 163 640.