Skip to main content
Xove

O Concello de Xove acolle unha xornada informativa sobre o trastorno do autismo

Por 6 Febreiro, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove acolle o vindeiro luns 21 de febreiro unha xornada informativa sobre o trastorno do autismo.

Será no salón de actos do propio Concello en horario de 16.00 a 20.00 horas e está destinado a fmailias de persoas con Tea e outras familias que queiran coñecer de primeira man o TEA.

Esta xornada está a cargo Cristina Couto Pena, psicóloga e Celia González Caamiña educadora social, ambas da Federación Autismo Galicia.

Entre os obxectivos que se persiguen nesta reunión será o de difundir información para sensibilizar e derribar mitos, xerar conciencia para que a comunidade poida dar apoio e brindar espazos de participación. Así como dar apoio ás familias a través de ferramentas de axuda nas necesidades cotiás das persoas con TEA.

Para participar será necesario anotarse escribindo un correo a mfcorras@edu.xunta.gal, ou no departamento de Orientación do Ceip Plurilingüe Pedro Caselles Rollán.

A xornada repartirase en dous bloques, no primeiro e baixo o título Contamos contigo, abordarase o trastorno, falarase da súa detección, comprensión, e tamén dos mitos e das barreiras que hai que superar día a día. Así mesmo, haberá un apartado para falar da accesibilidade cognitiva e do apoio e participación na sociedade.

Xa no bloque dous, Camiñando en familia, será a quenda de tratas o apoio no fogar, a importancia do autocoidado e os recursos asistenciais e axudas socio-económicas.