Skip to main content
Xove

Rematado o XVII Campionato de Tute do Centro Social de Penasagudas de Xove

Por 23 Febreiro, 2022Sin comentarios

Este pasado sábado 19 de febreiro, cunha cea de confraternidade, rematou a décimo sétima edición do Campionato de Tute organizado polo Centro Social de Penasagudas, na parroquia de Monte, o cal contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove.

Nel participaron 10 parellas de distintos concellos da Mariña, as cales, durante os venres dos pasados meses invernais disputaron o campionato na modalidade de todos contra todos.

A victoria final foi para parella formada por Enrique e Elier, segundos foron Lorena e Debi, completando o cadro de honra na terceira posición Pepe e Borja.

As únicas 5 participantes recibiron un ramo de frores e  no tocante aos trofeos foron entregados pola concelleira de Servizos Sociais Ana Abad e Jesús Pérez por parte da organización.