Skip to main content
Axenda Caducada

O entroido chega a Castroverde para repartir 3.000 euros en premios

Por 7 Febreiro, 2022Febreiro 27th, 2022Sin comentarios

O vindeiro 27 de febreiro Castroverde encherá as súas rúas de disfraces e música grazas á celebración do entroido que contará cun pasarrúas, un desfile e un concurso de disfraces. Ademais, a cita estará amenizada co grupo musical Zuncurrundullo e haberá actividades para os máis pequenos.

O desfile realizarase cun pasarrúas ás 17.00 horas saíndo da praza do Concello ata o mercado gandeiro, sito no campo da feira. No caso de que fixera mal tempo suspenderase o pasarrúas e realizaríase o desfile directamente no mercado gandeiro.

O concurso de disfraces realizarase no mercado gandeiro a partir das 17.30 horas. Haberá concurso infantil e concurso de adultos, habendo 3 categorías en cada concurso e distintos premios en cada categoría.

As categorías serán comparsa, parellas e individuais. Os premios nas comparsas de adultos será de 500 euros para o primeiro lugar, 350 euros o segundo, 200 euros o terceiro, 130 euros o cuarto e 90 euros o quinto. Na categoría de parellas adultas levarán 140 euros os primeiros, 100 euros os segundos e 70 euros os terceiros. Nos disfraces individuais premiarase con 100 euros o mellor adulto, 70 euros o segundo e 50 euros o terceiro. Por outra banda, nas comparsas infantís o primeiro premio será de 400 euros, o segundo de 200 euros, o terceiro de 100 euros, o cuarto de 70 euros e o quinto de 50 euros. As parellas infantís terán un primeiro premio de 100 euros, un segundo premio de 60 euros e un terceiro de 50 euros. Por último, os disfraces individuais dos nenos serán premiados con 80 euros o primeiro premio, 50 euros o segundo e 40 euros o terceiro.

A inscrición para o concurso realizarase ese mesmo día no mercado gandeiro. As comparsas serán aqueles grupos formados por 3 ou máis persoas, no caso de que os membros da comparsa sexan menores e adultos, participarán na categoría segundo sexa a maioría dos seus participantes . O concurso infantil será para menores de 16 anos.

Para continuar coa celebración tamén haberá globoflexia e un obradoiro de maquillaxe para nenos no que se poderán caracterizar do que máis lles guste.

O acceso estará controlado sendo obrigatorio a presentación do Certificado Covid (agás os nenos que aínda non se puideron vacinar), será obrigatorio tamén, o uso de máscara en todo momento e manter a distancia de seguridade.