Skip to main content
Axenda Caducada

A II Proba Popular de Orientación a pé de Lourenzá será o 13 de marzo

Por 14 Febreiro, 2022Marzo 13th, 2022Sin comentarios

A segunda Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, celebrarase o domingo día 13 de marzo.

Está organizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Compás, e coa colaboración do Concello de Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá.

O inicio deste evento deportivo terá lugar ás 10.30 horas dende o campo da feira de Lourenzá e o peche de meta será ás 12.45 horas. Haberá tres categorías: Iniciación Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas).

Antes da saída daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.