Skip to main content
Axenda Caducada

Meira contará con concurso, festa e sorteo de agasallos este Entroido

Por 14 Febreiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de Meira fixo público o seu programa de Entroido, que terá lugar, se non se producen cambios pola covid, o 28 de febreiro.

Así, a vila volverá contar co seu popular concurso de disfraces na tarde do luns, 28 de febreiro. A celebración terá lugar no pavillón municipal. A festa dará comezo ás 19.00 horas con animación musical polas rúas da vila por parte da charanga NBA e a partir das 22.00 horas terá lugar o baile e desfile no pavillón animado pola música do dúo Época.

O concurso de disfraces terá lugar a media noite e contará un ano máis con 1.500 euros en premios. Así, as cinco primeiras comparsas recibirán 300, 150, 100, 60 e 40 euros respectivamente. Por parellas haberá 120, 90, 70, 50 e 30 euros en premios. En individual os premios serán de 110, 70, 50, 40 e 30 euros. Ademais, haberá un premio especial da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Meira por valor de 200 euros e un lote de produtos de ACEA Meira para o mellor disfrace meirego.

Por outra banda, ACEA sorteará antes do concurso, un lote de produtos de entroido que estará exposto pola vila dentro dun Seat 600. As rifas repartiranse nos locais asociados á ACEA coas compras que se fagan nos días previos ao sorteo.

As inscricións para o concurso realizarnse no Concello de Meira, de luns a venres, das 9.00 horas ás 14.00 horas, en persoa ou a través do telefóno 982 330 102, ou ben o mesmo día do desfile entre as 22.00 e as 24.00 horas.