Skip to main content
Axenda Caducada

Friol acolle unha charla sobre o Arquivo Sonoro de Galicia

Por 16 Febreiro, 2022Febreiro 18th, 2022Sin comentarios

O centro sociocultural de Friol acolle este venres, 18 de febreiro, unha charla a cargo de Xosé Ramón Pousa, director do Arquivo Sonoro de Galicia.

O obxetivo desta ponencia, que terá lugar a partir das 19.00 horas e informar sobre este arquivo, unha ferramenta a través da cal o Consello da Cultura Galega quere dar representación a todas as vilas e comarcas para preservar a súa identidade sonora. Tamén busca ofrecer á cidadanía a posibilidade de incorporar aqueles materiais sonoros que forman parte da identidade das súas vilas, para así preservar a memoria.

O Mapa Sonoro parte de máis de 800 documentos sonoros distribuídos por todo o país e espallados en coleccións sonoras moi diversas en tipoloxía e distribución xeográfica

Os interesados en asistir á charla poden inscribirse a través do correo cultura@concellodefriol.es.