Skip to main content
Axenda Caducada

Carballo Vivo de Friol celebra o sábado un desfile e unha cea de Entroido

Por 23 Febreiro, 2022Febreiro 26th, 2022Sin comentarios

A asociación Carballo Vivo de Friol reanuda a súa actividade coa celebración dun desfile e unha cea de Entroido este sábado 26 de febreiro.

O colectivo ten preparadas unha serie de actividades que comezarán ás 16.30 horas cunha concentración de entroidos no centro cultural de Carballo, que farán un desfile a partir das 17.00 horas polas rúas de Friol.

A xornada finalizará cun cocido en Roimil a partir das 22.00 horas. Para a cea é preciso apuntarse no correo carballovivo@gmail.com ou falando cun membro da difectiva da asociación.