Skip to main content
Lugo

A Asociación de Veciños Lucus Augusti reuniuse con Ciudadanos para falar das necesidades lucenses

Por 9 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Federación de Asociacións Veciñais “ Lucus Augusti” da provincia de Lugo recibiu este martes, 8 de febreiro , a visita dos concelleiros do grupo municipal no Concello de Lugo “Ciudadanos”, . Olga Louzao Aldariz e Juan Manuel Vidal-Pardo García, para abordar dúas problemáticas de extrema gravidade e importancia para a cidade e provincia lucenses: o drama que supón a ocupación ilegal de inmobles e as necesarias melloras ferroviarias para a provincia de Lugo.

A pasada semana recibiu a visita dos deputados nacionais do grupo Popular, así como representantes do mesmo grupo no Parlamento de Galicia e o Concello de Lugo, aos mesmos efectos que a visita de hoxe.

A Federación lembra que as súas demandas en materia de ocupación ilegal de inmobles son unha garantía á propiedade privada sen fisuras, que se modifique a Lei a efectos de que sexa considerado delito a ocupación, con penas de prisión de 1 a 3 anos, que se habilite á Policía e demais Forzas e Corpos de Seguridade do Estado a que no prazo máximo de 48 horas poidan proceder ao desaloxo do inmoble no caso de que non se presente un documento válido que acredite a propiedade, tal e como sucede noutros países de Europa, a creación dunha oficina de asesoramento aos cidadáns vítimas de ocupación; así como a nivel autonómico, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Recordan tamén que deberían ser os Servizos Sociais os que actúen para axudar ás persoas en risco de exclusión social; deixando sen efecto que a ocupación sexa unha saída para ninguén; e impedindo, tamén, o empadroamento en caso de ocupación.

A este respecto, os membros do Grupo Municipal de “Ciduadanos”, manifestaron unha concordancia practicamente total coas medidas propostas, así como matizaron que a loita contra este problema non debería entender de ideoloxías.

No que respecta as melloras demandadas en materia ferroviaria para a provincia de Lugo desde a Plataforma “Lugo… Non perdas ou Tren” que está vinculada á Federación de Asociacións veciñais “ Lucus Augusti”, as peticións fundaméntanse na mellora da conexión ferroviaria Lugo – A Coruña, tanto en frecuencias como en horarios, así como a remodelación total da infraestrutura viaria. Na mellora do ferrocarril de liña estreita pola costa ás poboacións e mantendo abertas todas as estacións. A recuperación do tren-hotel a Barcelona, suprimido pola pandemia. Solicitan a ampliación das conexións ferroviarias de Lugo con Madrid. Crear unha conexión entre Santiago de Compostela e A Mariña lucense que pase por Lugo cidade. Xa que Lugo é a única capital de provincia galega que carece de conexión coa capital de Galicia. Manter a formulación do transporte de mercadorías europeo desde A Coruña por Lugo e Monforte de Lemos.

Coas obras que están a sofrer a liña Lugo – Monforte de Lemos que supoñen a paralización deste servizo durante aproximadamente, 4 meses, a Federación solicita que se habiliten liñas provisionais que permitan chegar desde Lugo a Ourense en tempo aceptable para enlazar coas conexións correspondentes na capital ourensá.

A este respecto, desde o Grupo Municipal “Ciudadanos” mostrouse igualmente disposto a estudar con detalle as formulacións da Plataforma “Lugo… Non perdas ou Tren” e a achegar as súas propostas, co convencemento claro de que o abandono que sofre Lugo en materia ferroviaria debe ser abordado con urxencia e á marxe de calquera ideoloxía, xa que interfire de forma directa na vida de miles de persoas.