Skip to main content
Lugo

Lugo convértese na cidade máis cardioprotexida do noroeste peninsular

Por 26 Febreiro, 2022Febreiro 27th, 2022Sin comentarios

Lugo é a cidade máis cardioprotexida do noroeste peninsular. No día de onte comezou o inicio da instalación de desfibriladores semiautomáticos no municipio dentro do programa ‘Lugo con Corazón’, unha iniciativa moi importante xa que investir en saúde é fundamental para salvar vidas.

Esta iniciativa busca reverter as cifras actuais de falecementos por parada cardíaca en Lugo, xa que se rexistran 250 ao ano, e só un 20% das persoas que os sofren chegan con vida ao hospital. É fundamental actuar con rapidez.

O Seminario foi o lugar onde se colocou o primeiro dos 67 novos desfibriladores que se porán en servizo, 47 en dependencias municipais da zona urbana e rural, dez en zonas exteriores como prazas públicas e parques, e outros dez para os vehículos da Policía e outros servizos de emerxencia, que tamén poderán ser solicitados de xeito puntual polos colectivos e entidades da cidade.

A inversión neste tipo de dispositivos é de especial importancia, tendo en conta que a reanimación cardiopulmonar nos primeiros 3 a 5 minutos é imprescindible xa que eleva as taxas de supervivencia entre o 49 ao 75%. En cambio, cada minuto que esta acción se atrasa redúcese a probabilidade de supervivencia entre un 10 e un 12%.

Carlos González Juanatey, xefe de Cardioloxía do HULA, lembrou que en España se dan 50.000 paradas cardíacas ao día, das que 30.000 se producen fóra do ámbito hospitalario e, desas 1 de cada 3 é nun lugar público, “polo que hai que felicitar esta iniciativa do Concello de Lugo, que é transcendental para iniciar esa cadea de supervivencia”.

Juanatey destacou que co programa ‘Lugo con Corazón’, o municipio triplicará o cociente español do número de desfibriladores por habitante. Lembrou, así mesmo, que as paradas que se producen na rúa son presenciadas na maioría dos casos pola cidadanía, “por iso é tan importante formar e concienciar á poboación”.

Ademais, o Concello considera importante non só que haxa desfibriladores en espazos de traballo, educación, deporte e lecer, senón tamén a formación, tanto a do persoal municipal coma a de toda a sociedade, para o seu correcto uso e poder axudar de forma eficaz a salvar unha vida e, por iso, se porán en marcha unhos cursos que se levarán a cabo sobre manexo de desfibriladores para a cidadanía serán impartidos pola Cruz Vermella.

A rexedora animou aos resto de administracións e institucións a contar tamén con estes dispositivos cando nas súas instalacións entren un alto número de persoas.

O presidente da Cruz Vermella, Luis Abelleira, explicou que os cursos, dos que o Concello de Lugo informará proximamente, se desenvolverán en colaboración coa Federación de Veciños para chegar a canta máis poboación mellor.