Skip to main content
Portomarín

O PSOE de Portomarín solicita medidas que garantan a seguridade no Entroido

Por 24 Febreiro, 2022Sin comentarios

A voceira do PSdeG no Concello de Portomarín, Silvia Rodríguez, avanzou hoxe que rexistrou un escrito no Concello co que reclama ao Goberno Local a garantir a seguridade aos asistentes e participantes na Festa do Entroido, que se celebrará o vindeiro 1 de marzo na Praza do Concello.

A portavoz lembra que o Concello, xa organizou en pasadas edicións diversos acontecementos lúdicos como a Cabalgata de Reis ou as festas patronais do Cristo o ano pasado, “e tal e como puidemos comprobar ao longo destas xornadas houbo unha nefasta organización, por parte do Concello de Portomarín, xa que non se acotaron espazos públicos para o desfrute dos máis pequenos, tal e como denunciaron os propios pais e nais”.

Rodríguez sinala que durante a celebración destas actividades “non se tivo en conta por parte da organización a seguridade dos asistentes. Xa que non se cerrou un espazo ao aire libre no que había nenos e permitiuse a circulación de vehículos durante toda a celebración da Cabalgata”. Por iso advirte que non entendemos porqué non se pecharon as rúas cos bolardos instalados para este fin”. E insiste nas súas criticas, “non sabemos si estes bolardos funcionan ou non, pero si que coñecemos que nos últimos meses gastáronse case 4.000 euros en varios arranxos nestes elementos”, puntualizou.

Por todo isto “emprazamos ao Alcalde e a todo o seu Goberno a que melloren a seguridade viaria neste espazo público, para que poidamos celebrar entre todos, familias, nenos e nenas, visitantes e participantes unha nova edición do Entroido de xeito seguro e sen riscos”, remarcou Rodríguez.