Skip to main content
Monforte

Os veciños de Monforte demostran a súa concienciación coa reciclaxe no ano 2021

Por 5 Febreiro, 2022Febreiro 6th, 2022Sin comentarios

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer os datos dos residuos recollidos tanto na cidade como nas parroquias no pasado ano 2021, e que avalan “que os monfortinos están cada vez máis concienciados na separación selectiva do lixo doméstico, xa que as cifras de reciclaxe no ano 2021 melloran con respecto ás acadadas en 2020”.

Deste xeito, os veciños reciclaron máis vidro, papel e cartón, roupa, pilas e enseres domésticos que en 2020, e mantéñense cifras similares en canto á recollida de envases e aceite doméstico.

“As cifras de recollida de residuos en 2021”, resalta o Alcalde, “son mellores que en 2020 e que en 2019, polo que dende o Concello agradecemos ós cidadáns de Monforte a súa concienciación e colaboración, xa que están contribuíndo decisivamente a facer do Concello unha cidade máis limpa á vez que contribúen á protección do medio ambiente”.

Son moi significativos os aumentos porcentuais en recollida de pilas (+42.97%, con 1,67 toneladas recollidas en 2021 fronte ás 1,168 tm de 2020 e na recollida de roupa, que se incrementa respecto a 2020 nun 173,84% (de 2,833 toneladas a 7,758 toneladas). Neste último caso, cabe recordar que o Concello adxudicou a finais de 2020 a unha empresa a xestión de colectores de roupa usada, localizados en 12 puntos estratéxicos da cidade, proporcionando así un servizo ós cidadáns que antes non existía e que é a causa deste importante incremento na recollida.

Tamén son significativos os datos na recollida do colector azul (papel e cartón, cun incremento do 15,64%), así como de vidro (1,60%). Finalmente, a recollida de plásticos agrícolas, que se adoita facer principalmente nos meses de maio ou xuño, tamén reflexa un incremento porcentual do 13,70%.

En canto á recollida de mobles, electrodomésticos e enseres, servizo que se pode solicitar chamando ó 901 101 390, o número de avisos pasou de 1.477 chamadas atendidas en 2020 a 1.243 en 2021.

MELLORES CIFRAS
Por colectores e tipo de residuo as cifras aportadas dende a Concellería de Medio Ambiente son para o colector amarelo, no ano 2019, 190,3 toneladas, en 2020 foron recollidas 196,7 tm., e en 2021 foron 195,94 tm., polo que as cifras de recollida son similares nos dous últimos anos. O iglú verde destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros, aumentou un 1,6% a recollida con respecto a 2020, no que foron 299,60 as toneladas recollidas fronte as 302,72 tm. en 2021. O volume recollido en 2019 foi de 301,52 tm. No colector azul, no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel, o aumento de recollida alcanzou un 15,64% con respecto ó ano anterior (2019, 340,14 toneladas, 303,94 tm. en 2020 e 349,47 toneladas en 2021). O contenedor verde: o colector destinado á recollida da chamada “fracción resto” correspondente a residuos urbanos, as cifras son similares nos tres últimos anos, con 6.704,87 toneladas en 2019 e 6.707,47 tm. en 2020, e 6.803,90 en 2021, un 2,02% máis.

Por outra banda a recollida de aceite doméstico tamén mantén cifras moi similares se se comparan os dous últimos anos, con 7,225 toneladas en 2020 e 7,205 toneladas en 2021, cifras que melloran as do ano 2019, no que se recolleron 6,722 toneladas.

A recollida de pilas e baterías, que é un residuo altamente perigoso para o medio ambiente, é un dos residuos nos que a recollida máis aumentou en Monforte, en concreto, un 42,97% máis que en 2020, pasando das 1,168 toneladas a 1,67 tm. en 2020.

O que máis se recolleu en Monforte foron os plásticos agrícolas. Deste xeito, a recollida de plásticos agrícolas aumentou en 2021 un 13,70% con respecto a 2020, pasando das 7,88 toneladas ás 8,96.

Por últimos, a recollida de mobles, electrodomésticos e enseres domésticos é un servizo que se pode solicitar chamando ó 901 101 390, o número de avisos pasou de 1.477 chamadas atendidas en 2020 a 1.243 en 2021.
Este descenso no número de chamadas e recollidas débese a que en 2020, debido ós períodos de confinamento determinados polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19, constatouse moitos cidadáns aproveitaron para facer limpeza nas súas casas deste tipo de residuos. De feito, se observamos o número de avisos en 2019, este é de 1.027 chamadas, polo que comparando co 2021, o incremento neste último ano é do 21,03%.