Skip to main content
Ribas de Sil

Avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento da nave municipal de Ribas de Sil

Por 16 Febreiro, 2022Febreiro 17th, 2022Sin comentarios

Continúan a bo ritmo as obras de acondicionamento da nave municipal. Esta edificación foi comprada polo concello xunto cos dous terreos adxacentes por un prezo de 200.000 euros contando cunha axuda da Deputación de Lugo de 55.000 euros.

A nave conta cunha superficie total de preto de 600 metros cadrados e é empregada polo concello como almacén de material diverso, garaxe de vehículos da brigada de obras e de protección civil.

Os alumnos de Sillor VIII están a realizar obras de construción de servizos con duchas para a brigada municipal, así como unha profunda mellora estética dando masas en toda a edificación e procedendo ó pintado exterior e interior de todos os paramentos.

O obradoiro de emprego Sillor VIII nos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, nos que se invisten 377.000 euros, conta con 20 participantes, que se forman na especialidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción. Este tipo de grupos de traballo son unha das ferramentas máis valoradas no marco das políticas activas de emprego, tanto polas importantes obras e servizos que realizan en beneficio da comunidade como polo alto grao de empregabilidade que acadan. Ademais, tamén impulsan o emprendemento con formación específica sobre a materia.