Skip to main content
O Páramo

O Pavillón Polideportivo do Páramo contará con placas solares

Por 26 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Pavillón Polideportivo do Páramo contará en pouco tempo de paneis solares que terán como obxectivo reducir a factura eléctrica. Esta actuación correrá a cargo do Páramo.

Estas placas solares encargaranse de producir enerxía favorecendo o autoconsumo destas instalacións. Estas serán as primeiras placas que o Concello do Páramo porá en marcha.

Trala gran subida nas facturas eléctricas, esta iniciativa loitará contra os prezos elevados e axudarán a que a administración aforre neste campo.

A instalación destes paneis solares correrán a cargo dunha subvención da Axencia Instituto Enerxético de Galicia cunha achega de 8.712 euros cunha liña para proxectos de enerxía fotovoltaica que son cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no Feder-Galicia 2014-2020.

Estas placas solares non serán as únicas coas que contará o Concello xa que, na actualidade, o Concello ten uns paneis na cuberta da casa consistorial, estas permanecen inactivas e, aínda que o obxectivo era reducir o custe enerxético destas instalacións, as humidades están a impedir a súa posta en marcha.