Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

O friolense Nemesio Gutiérrez faise con tres medallas no Campionato de España Máster en Valencia

Por 7 Febreiro, 2022Sin comentarios

Gran actuación do representante do Atletismo Friol no Campeonato de España Máster de pista cuberta disputado este fin de semana en Valencia e onde Nemesio Gutiérrez lograba un total de tres medallas.

O exitoso camiño de Nemesio comenzaba na proba dos 3000 metros lisos, onde conquistaba a medalla de prata na categoría M-65, mentras que nos días seguintes facíase coa medalla de bronce tanto nos 800 metros lisos como nos 1500 metros lisos. Esta triple condición de medallista aupou a Gutiérrez como un dos máis destacados atletas da delegación galega no campionato.

OURENSE E LUGO

Por outra parte, outros atletas do equipo friolense estiveron tomando parte neste fin de semana en probas de pista cuberta nesta fase da tempada invernal. Así, o sábado varios deportistas estiveron presentes na III Xornada da Copa Diputación de Atletismo que se disputaba no módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera, onde o máis destacado foi o triunfo de Noa Mouriz na disciplina dos 60 metros valos dentro das categorías sub 16 e sub 18, mentras que a súa compañeira de equipo Mara Montes ocupaba a cuarta posición. Pola súa parte, Mencía Casanova gañaba o lanzamento de peso da categoría sub 18 e Leyre Santos ocupaba a segunda posición.

No día seguinte, na xornada de control de Ourense, Cristian Montecelo resultaba gañador absoluto dos 800 metros lisos cun tempo de 1.56 minutos, mentras que María Carballido era segunda na mesma proba cun tempo de 2.14, quedándose a escasas 80 centésimas para poder disputar o nacional absoluto. Nerea Lage gañaba a serie B dos 800 metros lisos cun tempo de 2.26 minutos.