Skip to main content
A Pastoriza

O escritor Manuel Núñez Singala estará o día 19 na Pastoriza

Por 9 Febreiro, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza organiza unha nova actividade aberta ao público e vinculada cos libros do seu programa.

Así, o día 19 de febreiro está prevista unha xuntanza co escrito Manuel Núñez Singala, autor de Camiño na Auga, co que se manterá un faladoiro a partir das 18.00 horas no Hábitat Cultural Fogar de Maeloc.