Skip to main content
As Pontes

O Museo Monte Caxado abre o mércores a exposición Cronovisión

Por 28 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado, con motivo do 3º aniversario da apertura das súas novas instalacións, organizan a exposición Cronovisión nas instalacións do museo.

Trátase dunha exposición de fotografías antigas da vila das Pontes, un percorrido polo pasado recente da localidade que permitirá ao público viaxar na lembranza dos espazos que os viron nacer e medrar, e que foron cambiando ao longo do tempo.

A mostra abrirá as súas portas a partir do mércores 2 de marzo e poderá visitarse de martes a venres de 18:00 a 19:30 horas. Os sábados, domingos e festivos o horario será de de 11:30 a 13:00 horas e a entrada para todos é de balde.