Skip to main content
As Pontes

Cohempo organiza un concurso de Entroido para os socios

Por 24 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes teñen organizado un concurso de Entroido dirixido a todos os socios do colectivo.

Para participar cada asociado deberá sacarse unha fotografía divertida disfrazado e ademáis etiquetar as 2 páxinas de Facebook de Cohempo As Pontes e Cohempo- Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses.

As dúas fotografías con máis me gusta recibirán como premio unha tablet e a cuota de socio gratis durante un ano.

As fotografías poderán subirse desde o venres 25 de febreiro ata o martes 1 de marzo (este será o último día para poder votar) polo que, canto antes se suban máis posibilidades hai de obter máis “me gusta”.

O día 2 de marzo anunciarase o gañador. Ademáis do concurso, Cohempo anima a todos a disfrazarse durante a fin de semana. Hoxe, xoves, levar algo na cabeza (sombreiro, perruca…), o vernes levar unha prenda colorida ou divertida, o sábado pintar algo na cara e o luns algo no pescozo.