Skip to main content
Uncategorized @gl

Catro falecidos na provincia nunha xornada na que se ralentiza a baixada de casos activos

Por 2 Febreiro, 2022Febreiro 3rd, 2022Sin comentarios

A covid segue coa baixada de casos activos pero cun dato en contra, o aumento de novos contaxios que ralentizan a contención do virus.

Así, hoxe hai 6.148 casos activos, 57 menos que onte, con 585 novos contaxios e 636 altas. Onte os casos baixaron en 189, con 479 novos contaxios e 666 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 44.389 casos rexistrados e 285 persoas falecidas, catro máis que onte. Trátase de dous homes de 87 e 91 anos e dúas mulleres de 91 e 89.

A presión hospitalaria redúcese algo. Na UCI do Hula son 6 os ingresados, mentres en planta son 69 os pacientes (9 menos), 49 no de Lugo (7 menos), 10 na Mariña (2 menos) e 10 en Monforte.

POR COMARCAS

A zona norte da provincia define de forma máis clara a tendencia á baixa mentres que no sur prodúcense o contrario, con tendencia ao crecemento. Volven as subidas de casos puntuais, Chantada con 31 casos máis, Viveiro con 14, Monforte con 13, Castro e O Saviñao con 10

Destacan as baixadas novamente de Lugo, con 81 menos, O Valadouro con 33 (do gromo dos maiores), Burela con 15, Vilalba con 14 e Mondoñedo con 11 e Outeiro de Rei con 10.

Ningún concello está limpo de covid e son cinco os que teñen menos de dez casos. Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Pedrafita, que se suma o mesmo día que Folgoso do Courel volve subir por riba de 10.

A Mariña

  • Alfoz: 37 (1 menos).
  • A Pontenova: 103.
  • Barreiros: 84 (5 menos).
  • Burela: 237 (15 menos).
  • Cervo: 143 (8 menos).
  • Foz: 286 (2 máis).
  • Lourenzá: 51 (4 menos).
  • Mondoñedo: 116 (11 menos).
  • O Valadouro: 37 (33 menos).
  • O Vicedo: 43 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 266 (5 menos).
  • Riotorto: 26 (1 máis).
  • Trabada: 27 (4 máis).
  • Viveiro: 363 (14 máis).
  • Xove: 88 (5 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 47 contaxios.
  • A Pastoriza: 86 (1 menos).
  • As Pontes: 310 (2 máis).
  • Begonte: 52 (3 menos).
  • Castro de Rei: 113 (10 máis).
  • Cospeito: 104 (1 máis).
  • Friol: 52 (5 menos).
  • Guitiriz: 94 (7 menos).
  • Meira: 66 (4 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 103 (10 menos).
  • Pol: 22 (1 máis).
  • Rábade: 21.
  • Vilalba: 386 (14 menos).
  • Xermade: 35 (2 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 57 enfermos (4 máis).
  • O Incio: 37.
  • O Páramo: 46.
  • Paradela: 37.
  • Samos: 23 (5 máis).
  • Sarria: 361 (5 menos).
  • Triacastela: 13 (2 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 76 positivos (2 menos).
  • As Nogais: 13 (1 máis).
  • Antas de Ulla: 33 (1 menos).
  • Baleira: 21 (1 máis).
  • Baralla: 56 (3 menos).
  • Becerreá: 70 (5 máis).
  • Castroverde 59 (4 menos).
  • Cervantes: 16 (3 menos).
  • Guntín: 52 (1 menos).
  • Lugo: 2.589 (81 menos).
  • Monterroso: 74 (4 máis).
  • Navia de Suarna: 10 (1 menos).
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 52 (2 menos).
  • Palas de Rei: 69 (1 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 16 (2 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 47 enfermos.
  • Bóveda: 17 (1 menos).
  • Carballedo: 60 (4 máis).
  • Chantada: 333 (32 máis).
  • Folgoso do Courel: Sobe de novo a 12.
  • Monforte: 473 (13 máis).
  • O Saviñao: 79 (10 máis).
  • Pantón: 48 (1 menos).
  • Quiroga: 72.
  • Ribas de Sil: 28 (2 menos).
  • Sober: 34 (4 máis).
  • Taboada: 66 (7 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).