Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid rompe a tendencia da última semana cunha nova subida de casos

Por 3 Febreiro, 2022Febreiro 4th, 2022Sin comentarios

A covid volve dar un cambio de actitude e aumenta a súa incidencia na provincia.

Así, hoxe hai 6.366 casos activos, 218 máis que onte, con 645 novos contaxios e 422 altas. Onte os casos baixaron en 57, con 585 novos contaxios e 636 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 45.029 casos rexistrados e 285 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve aumentar. Na UCI do Hula son 8 os ingresados (2 máis), mentres en planta son 73 os pacientes (4 máis), 49 no de Lugo, 12 na Mariña (2 máis) e 12 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Malia o resultado final, os concellos pequenos seguen coa súa tendencia á baixa, en especial na parte norte da provincia.

Os cambios máis detacados á baixa están en Ribadeo con 28 menos, Viveiro con 18, Burela con 17 e Sarria 12. No relativo ás subidas, Lugo suma 109 casos máis, Vilalba 15 e Monforte 14.

Ningún concello está limpo de covid e son seis os que teñen menos de dez casos, un máis. Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Pedrafita.

A Mariña

  • Alfoz: 34 (3 menos).
  • A Pontenova: 100 (3 menos).
  • Barreiros: 79 (5 menos).
  • Burela: 220 (17 menos).
  • Cervo: 135 (8 menos).
  • Foz: 281 (1 menos).
  • Lourenzá: 48 (3 menos).
  • Mondoñedo: 107 (9 menos).
  • O Valadouro: 35 (2 menos).
  • O Vicedo: 43.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 238 (28 menos).
  • Riotorto: 26.
  • Trabada: 32 (5 máis).
  • Viveiro: 345 (18 menos).
  • Xove: 87 (1 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 49 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 81 (5 menos).
  • As Pontes: 311 (1 máis).
  • Begonte: 47 (5 menos).
  • Castro de Rei: 109 (4 menos).
  • Cospeito: 100 (4 menos).
  • Friol: 48 (4 menos).
  • Guitiriz: 85 (9 menos).
  • Meira: 66.
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 102 (1 menos).
  • Pol: 20 (2 menos).
  • Rábade: 25 (4 máis).
  • Vilalba: 401 (15 máis).
  • Xermade: 34 (1 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 63 enfermos (6 máis).
  • O Incio: 29 (8 menos).
  • O Páramo: 45 (1 menos).
  • Paradela: 31 (6 menos).
  • Samos: 17 (6 menos).
  • Sarria: 349 (12 menos).
  • Triacastela: 12 (1 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 75 positivos (1 menos).
  • As Nogais: 13.
  • Antas de Ulla: 33.
  • Baleira: 20 (1 menos).
  • Baralla: 59 (3 máis).
  • Becerreá: 72 (2 máis).
  • Castroverde 57 (2 menos).
  • Cervantes: 15 (1 menos).
  • Guntín: 49 (3 menos).
  • Lugo: 2.698 (109 máis).
  • Monterroso: 72 (2 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 49 (3 menos).
  • Palas de Rei: 67 (2 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 18 (2 máis).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 48 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 17.
  • Carballedo: 63 (3 máis).
  • Chantada: 338 (5 máis).
  • Folgoso do Courel: 16 (4 máis).
  • Monforte: 487 (14 máis).
  • O Saviñao: 83 (4 máis).
  • Pantón: 45 (3 menos).
  • Quiroga: 72.
  • Ribas de Sil: 26 (2 menos).
  • Sober: 34.
  • Taboada: 69 (3 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).