Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid recupera a tendencia á baixa malia sumar tres falecidos máis

Por 5 Febreiro, 2022Febreiro 6th, 2022Sin comentarios

A covid volve ao camiño da contención cunha nova baixada de casos activos debido ao un elevado número de altas e á caída de novos positivos. Rompe a estatística os tres novos falecidos que se suman na provincia.

Así, hoxe hai 6.217 casos activos, 212 menos que onte, con 485 novos contaxios e 692 altas. Onte os casos subiron en 63, con 490 novos contaxios e 425 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 46.002 casos rexistrados e 289 persoas falecidas. Son tres máis que onte.

A presión hospitalaria cae tamén. Na UCI do Hula son 7 os ingresados, mentres en planta son 63 os pacientes (10 menos), 45 no de Lugo (2 menos), 10 na Mariña (2 menos) e 8 en Monforte (6 menos).

POR COMARCAS

Continúa a tendencia á baixa xeralizada. Negueira de Muñiz é o primeiro concello en certificar unha semana limpo de covid. E con menos de dez seguen cinco Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Pedrafita.

Os cambios máis detacados á baixa están en Lugo con 57 menos, Sarraia con 32, Ribadeo con 28, Cervo con 12, Foz con 11 e Burela con 10. No relativo ás subidas, Castro de Rei suma 16.

A Mariña

  • Alfoz: 36.
  • A Pontenova: 80 (9 menos).
  • Barreiros: 68 (4 menos).
  • Burela: 192 (10 menos).
  • Cervo: 113 (12 menos).
  • Foz: 265 (11 menos).
  • Lourenzá: 37 (4 menos).
  • Mondoñedo: 91 (6 menos).
  • O Valadouro: 32 (1 menos).
  • O Vicedo: 39 (9 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 187 (28 menos).
  • Riotorto: 28 (1 menos).
  • Trabada: 30.
  • Viveiro: 347 (2 menos).
  • Xove: 83 (1 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 48 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 77 (5 menos).
  • As Pontes: 307 (1 máis).
  • Begonte: 39 (3 menos).
  • Castro de Rei: 130 (16 máis).
  • Cospeito: 107 (7 máis).
  • Friol: 37 (6 menos).
  • Guitiriz: 77 (7 menos).
  • Meira: 65 (4 máis).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 93 (9 menos).
  • Pol: 23 (2 máis).
  • Rábade: 25 (1 máis).
  • Vilalba: 396 (5 menos)
  • Xermade: 34 (1 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 61 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 28 (1 menos).
  • O Páramo: 39 (5 menos).
  • Paradela: 28 (1 máis).
  • Samos: 19 (1 máis).
  • Sarria: 322 (32 menos).
  • Triacastela: 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 76 positivos (1 menos).
  • As Nogais: 12.
  • Antas de Ulla: 36 (3 máis).
  • Baleira: 18.
  • Baralla: 65 (4 máis).
  • Becerreá: 71 (1 menos).
  • Castroverde 46 (8 menos).
  • Cervantes: 15.
  • Guntín: 44 (4 menos).
  • Lugo: 2.584 (57 menos).
  • Monterroso: 78 (4 máis).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 52 (2 máis).
  • Palas de Rei: 60 (4 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 19 (1 máis).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 40 enfermos (6 menos).
  • Bóveda: 16.
  • Carballedo: 63 (2 menos).
  • Chantada: 327 (1 máis).
  • Folgoso do Courel: 15 (3 menos).
  • Monforte: 507 (7 menos).
  • O Saviñao: 90 (4 máis).
  • Pantón: 41 (2 menos).
  • Quiroga: 66 (2 máis).
  • Ribas de Sil: 24 (1 menos).
  • Sober: 32 (3 menos).
  • Taboada: 77 (6 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).