Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos caen por debaixo dos 6.000

Por 6 Febreiro, 2022Febreiro 7th, 2022Sin comentarios

A covid dá un novo respiro este domingo e cae por debaixo dos 6.000 casos activos tras unha importante redución do número de casos novos.

Así, hoxe hai 5.916 casos activos, 301 menos que onte, con 315 novos contaxios e 618 altas. Onte os casos baixaron en 212, con 485 novos contaxios e 692 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 46.317 casos rexistrados e 287 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae tamén. Na UCI do Hula seguen sendo 7 os ingresados, mentres en planta son 60 os pacientes (3 menos), 45 no de Lugo, 7 na Mariña (3 menos) e 8 en Monforte.

POR COMARCAS

Continúa a tendencia á baixa xeralizada. A Negueira de Muñiz súmase Pedrafita como concello en certificar unha semana limpo de covid. E con menos de dez seguen cinco Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela, que se incorpora hoxe.

Os cambios máis detacados á baixa están en Lugo con 82 menos, Chantada con 19, Ribadeo con 13 e Sarria con 11. Son moi poucos os concellos que suman casos pero todos por debaixo dos 5.

A Mariña

  • Alfoz: 38 casos (2 máis).
  • A Pontenova: 79 (1 menos).
  • Barreiros: 64 (4 menos).
  • Burela: 184 (8 menos).
  • Cervo: 111 (1 máis).
  • Foz: 263 (2 menos).
  • Lourenzá: 36 (1 menos).
  • Mondoñedo: 89 (2 menos).
  • O Valadouro: 30 (2 menos).
  • O Vicedo: 41 (2 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 174 (13 menos).
  • Riotorto: 26 (2 menos).
  • Trabada: 28 (2 menos).
  • Viveiro: 350 (3 máis).
  • Xove: 82 (1 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 48 contaxios.
  • A Pastoriza: 71 (6 menos).
  • As Pontes: 303 (4 menos).
  • Begonte: 35 (4 menos).
  • Castro de Rei: 127 (3 menos).
  • Cospeito: 108 (1 máis).
  • Friol: 35 (2 menos).
  • Guitiriz: 69 (8 menos).
  • Meira: 65.
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 88 (5 menos).
  • Pol: 26 (3 máis).
  • Rábade: 24 (1 menos).
  • Vilalba: 397 (1 máis)
  • Xermade: 32 (2 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 61 enfermos.
  • O Incio: 27 (1 menos).
  • O Páramo: 40 (1 máis).
  • Paradela: 28.
  • Samos: 15 (4 menos).
  • Sarria: 311 (11 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 69 positivos (7 menos).
  • As Nogais: 12.
  • Antas de Ulla: 36.
  • Baleira: 17 (1 menos).
  • Baralla: 62 (3 menos).
  • Becerreá: 68 (3 menos).
  • Castroverde 48 (2 máis).
  • Cervantes: 14 (1 menos).
  • Guntín: 43 (1 menos).
  • Lugo: 2.502 (82 menos).
  • Monterroso: 82 (4 máis).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 54 (2 máis).
  • Palas de Rei: 54 (6 menos).
  • Pedrafita: Sen casos nunha semana.
  • Portomarín: 19.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 41 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 18 (2 máis).
  • Carballedo: 59 (4 menos).
  • Chantada: 308 (19 menos).
  • Folgoso do Courel: 16 (1 máis).
  • Monforte: 503 (4 menos).
  • O Saviñao: 94 (4 máis).
  • Pantón: 34 (7 menos).
  • Quiroga: 69 (3 máis).
  • Ribas de Sil: 21 (3 menos).
  • Sober: 32.
  • Taboada: 74 (3 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).