Skip to main content
Uncategorized @gl

Os novos contaxios diarios estabilízanse por debaixo dos 400 cunha hospitalización disparada

Por 7 Febreiro, 2022Febreiro 8th, 2022Sin comentarios

A covid continúa en descenso reducindo o número de novos contaxios, de casos activos grazas ao elevado número de altas. Pola contra, a hospitalización continúa dando sustos cun gran salto no número de ingresados.

Así, hoxe hai 5.573 casos activos, 343 menos que onte, con 325 novos contaxios e 668 altas. Onte os casos baixaron en 301, con 315 novos contaxios e 618 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 46.642 casos rexistrados e 287 persoas falecidas.

A presión hospitalaria dispárase de novo. Na UCI do Hula son 9 os ingresados (2 máis), mentres en planta son 72 os pacientes (12 máis), 54 no de Lugo (9 máis), 9 na Mariña (2 máis) e 9 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Continúa a caída de casos con dous, Negueira de Muñiz e Pedrafita sen casos unha semana. E con menos de dez seguen cinco Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela.

Os cambios máis detacados á baixa están en Lugo con 32 menos, Quiroga con 14  e Baralla con 18. Son moi poucos os concellos que suman casos pero todos por debaixo de 6.

A Mariña

  • Alfoz: 38 casos.
  • A Pontenova: 72 (7 menos).
  • Barreiros: 61 (3 menos).
  • Burela: 183 (1 menos).
  • Cervo: 109 (2 menos).
  • Foz: 259 (4 menos).
  • Lourenzá: 36.
  • Mondoñedo: 84 (5 menos).
  • O Valadouro: 29 (1 menos).
  • O Vicedo: 40 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 172 (2 menos).
  • Riotorto: 26.
  • Trabada: 27 (1 menos).
  • Viveiro: 350.
  • Xove: 80 (2 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 51 contaxios (3 máis).
  • A Pastoriza: 70 (1 menos).
  • As Pontes: 299 (4 menos).
  • Begonte: 36 (1 máis).
  • Castro de Rei: 133 (6 máis).
  • Cospeito: 107 (1 menos).
  • Friol: 33 (2 menos).
  • Guitiriz: 67 (2 menos).
  • Meira: 64 (1 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 85 (3 menos).
  • Pol: 25 (1 menos).
  • Rábade: 22 (2 menos).
  • Vilalba: 392 (5 menos)
  • Xermade: 28 (4 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 64 enfermos (3 máis).
  • O Incio: 25 (2 menos).
  • O Páramo: 36 (4 menos).
  • Paradela: 27 (1 menos).
  • Samos: 16 (1 máis).
  • Sarria: 309 (2 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 68 positivos (1 menos).
  • As Nogais: 12.
  • Antas de Ulla: 36.
  • Baleira: 17.
  • Baralla: 44 (18 menos).
  • Becerreá: 63 (5 menos).
  • Castroverde 46 (2 máis).
  • Cervantes: 14.
  • Guntín: 47 (4 máis).
  • Lugo: 2.470 (32 menos).
  • Monterroso: 82.
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 55 (1 máis).
  • Palas de Rei: 53 (1 menos).
  • Pedrafita: Sen casos nunha semana.
  • Portomarín: 20 (1 máis).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 40 enfermos (1 menos).
  • Bóveda: 15 (3 menos).
  • Carballedo: 57 (2 menos).
  • Chantada: 303 (5 menos).
  • Folgoso do Courel: 19 (3 máis).
  • Monforte: 508 (5 máis).
  • O Saviñao: 93 (1 menos).
  • Pantón: 31 (3 menos).
  • Quiroga: 55 (14 menos).
  • Ribas de Sil: 19 (2 menos).
  • Sober: 33 (1 máis).
  • Taboada: 74.

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).