Skip to main content
Uncategorized @gl

Volven os pequenos repuntes nalgúns concellos e fréase a caída da curva

Por 8 Febreiro, 2022Febreiro 9th, 2022Sin comentarios

Novo freazo nos descensos da covid por un aumento dos novos contaxios para estabilizar os datos da fin de semana. Ensombrece a situación 3 falecidos máis pero descende bruscamente de novo a hospitalización.

Así, hoxe hai 5.365 casos activos, 208 menos que onte, con 427 novos contaxios e 368 altas. Onte os casos baixaron en 343, con 325 novos contaxios e 668 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 47.068 casos rexistrados e 290 persoas falecidas (3 máis que onte).

A presión hospitalaria cae bruscamente de novo. Na UCI do Hula seguen 9 ingresados, mentres en planta son 62 os pacientes (10 menos), 43 no de Lugo (11 menos), 8 na Mariña (1 menos) e 10 en Monforte (1 máis). Súmase un novo ingresado no Polusa.

POR COMARCAS

Rómpese o proceso de caídas continuadas ainda que non esaxeradas con novos aumentos destacados. Soben en Chantada en 18, Lugo en 17 e Monforte en 10.

Pola contra caen los contaxios en Foz en 16, Viveiro en 12 e Ribadeo en 11.

Negueira de Muñiz e Pedrafita seguen sen casos unha semana. E con menos de dez están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela.

A Mariña

  • Alfoz: 39 casos (1 máis).
  • A Pontenova: 68 (4 menos).
  • Barreiros: 57 (4 menos).
  • Burela: 181 (2 menos).
  • Cervo: 108 (1 menos).
  • Foz: 243 (16 menos).
  • Lourenzá: 37 (1 máis).
  • Mondoñedo: 85 (1 máis).
  • O Valadouro: 29.
  • O Vicedo: 37 (3 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 161 (11 menos).
  • Riotorto: 24 (2 menos).
  • Trabada: 28 (1 máis).
  • Viveiro: 338 (12 menos).
  • Xove: 79 (1 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 49 contaxios (2 menos).
  • A Pastoriza: 69 (1 menos).
  • As Pontes: 293 (6 menos).
  • Begonte: 32 (4 menos).
  • Castro de Rei: 137 (4 máis).
  • Cospeito: 103 (4 menos).
  • Friol: 37 (4 máis).
  • Guitiriz: 66 (1 menos).
  • Meira: 68 (4 máis).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 78 (7 menos).
  • Pol: 31 (6 máis).
  • Rábade: 24 (2 máis).
  • Vilalba: 384 (8 menos)
  • Xermade: 30 (2 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 62 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 21 (4 menos).
  • O Páramo: 32 (4 menos).
  • Paradela: 26 (1 menos).
  • Samos: 15 (1 menos).
  • Sarria: 308 (1 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 65 positivos (3 menos).
  • As Nogais: 12.
  • Antas de Ulla: 38 (2 máis).
  • Baleira: 17.
  • Baralla: 44.
  • Becerreá: 62 (1 menos).
  • Castroverde 44 (2 menos).
  • Cervantes: 15 (1 máis).
  • Guntín: 44 (3 menos).
  • Lugo: 2.487 (17 máis).
  • Monterroso: 84 (2 máis).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 52 (3 menos).
  • Palas de Rei: 48 (5 menos).
  • Pedrafita: Sen casos nunha semana.
  • Portomarín: 19 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 37 enfermos (3 menos).
  • Bóveda: 15.
  • Carballedo: 59 (2 máis).
  • Chantada: 321 (18 máis).
  • Folgoso do Courel: 19.
  • Monforte: 518 (10 máis).
  • O Saviñao: 89 (4 menos).
  • Pantón: 30 (1 menos).
  • Quiroga: 51 (4 menos).
  • Ribas de Sil: 17 (2 menos).
  • Sober: 32 (1 menos).
  • Taboada: 75 (1 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).