Skip to main content
Uncategorized @gl

Caída xeralizada da covid en todas as comarcas da provincia

Por 9 Febreiro, 2022Sin comentarios

A covid segue na senda do descenso con cifras inferiores ás de onte tanto en casos activos, como novos contaxios e hospitalización. O punto negro son as 5 novas defuncións

Así, hoxe hai 5.107 casos activos, 258 menos que onte, con 358 novos contaxios e 611 altas. Onte os casos baixaron en 208, con 427 novos contaxios e 368 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 47.428 casos rexistrados e 295 persoas falecidas (5 máis que onte).

A presión hospitalaria cae de novo. Na UCI do Hula seguen 9 ingresados, mentres en planta son 59 os pacientes (3 menos), 43 no de Lugo, 8 na Mariña e 8 en Monforte (2 menos). Deron a alta tamén ao ingresado no Polusa.

POR COMARCAS

Baixadas xeralizadas en todas as comarcas con especial relevancia na Mariña onde Foz e Viveiro caen de forma destacable con 23 casos de rebaixa, pero tamén son importantes en Alfoz, Burela, Cervo, Mondoñedo e O Valadouro. No resto de comarcas destacan a baixada de Lugo con 132 casos menos, así como Vilalba e Sarria con 24, Monforte 23, Chantada 18 e As Pontes con 16. Poucos concellos teñen subidas pero de habelas por debaixo de 5 casos.

Negueira de Muñiz queda só entre os concellos limpos, e con menos de dez están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela. Súmase Pedrafita.

A Mariña

  • Alfoz: 29 casos (10 menos).
  • A Pontenova: 60 (8 menos).
  • Barreiros: 49 (8 menos).
  • Burela: 167 (14 menos).
  • Cervo: 97 (11 menos).
  • Foz: 220 (23 menos).
  • Lourenzá: 34 (3 menos).
  • Mondoñedo: 74 (11 menos).
  • O Valadouro: 18 (11 menos).
  • O Vicedo: 32 (5 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 159 (2 menos).
  • Riotorto: 24.
  • Trabada: 32 (4 máis).
  • Viveiro: 315 (23 menos).
  • Xove: 73 (6 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 47 contaxios (2 menos).
  • A Pastoriza: 67 (2 menos).
  • As Pontes: 277 (16 menos).
  • Begonte: 31 (1 menos).
  • Castro de Rei: 142 (5 máis).
  • Cospeito: 101 (2 menos).
  • Friol: 37.
  • Guitiriz: 59 (7 menos).
  • Meira: 66 (2 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 74 (4 menos).
  • Pol: 32 (1 máis).
  • Rábade: 25 (1 máis).
  • Vilalba: 360 (24 menos)
  • Xermade: 35 (5 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 55 enfermos (7 menos).
  • O Incio: 23 (2 máis).
  • O Páramo: 32.
  • Paradela: 24 (2 menos).
  • Samos: 15.
  • Sarria: 284 (24 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 66 positivos (1 máis).
  • As Nogais: 14 (2 máis).
  • Antas de Ulla: 39 (1 máis).
  • Baleira: 18 (1 máis).
  • Baralla: 39 (5 menos).
  • Becerreá: 55 (7 menos).
  • Castroverde 38 (6 menos).
  • Cervantes: 14 (1 menos).
  • Guntín: 43 (1 menos).
  • Lugo: 2.355(132 menos).
  • Monterroso: 81 (3 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 47 (5 menos).
  • Palas de Rei: 45 (3 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 19.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 34 enfermos (3 menos).
  • Bóveda: 15.
  • Carballedo: 56 (3 menos).
  • Chantada: 303 (18 menos).
  • Folgoso do Courel: 19.
  • Monforte: 495 (23 menos).
  • O Saviñao: 85 (4 menos).
  • Pantón: 33 (3 máis).
  • Quiroga: 47 (4 menos).
  • Ribas de Sil: 14 (3 menos).
  • Sober: 26 (6 menos).
  • Taboada: 66 (9 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).