Skip to main content
Uncategorized @gl

Descenso xeralizado en todos os concellos debido ao elevado número de altas

Por 12 Febreiro, 2022Febreiro 13th, 2022Sin comentarios

Un novo aumento de altas axuda nunha nova caída de casos activos de covid na provincia, na volven reudirse os novos contaxios pero sobe lixeiramente a hospitalización.

Así, hoxe hai 4.820 casos activos, 288 menos que onte, con 300 novos contaxios e 587 altas. Onte os casos subiron en 78, con 420 novos contaxios e 338 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 48.539 casos rexistrados e 299 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo aínda que lixeiramente. Na UCI do Hula seguen 5 os ingresados, mentres en planta son 46 os pacientes (3 máis), 34 no de Lugo (3 máis), 8 na Mariña (2 máis) e 4 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

Descenso xeralizado na análise por concellos. Destaca a baixa de 87 de Lugo, 17 de Mondoñedo, 16 de Burela, 15 de Foz, 14 de Castro, 12 de Vilalba, 11 de Ribadeo e Viveiro e 10 de Cervo. Os poucos que baixan fano por debaixo de cinco casos novos.

Negueira de Muñiz suma 15 días limpo, o único da provincia. Con menos de dez contaxios novos están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras, Triacastela e Pedrafita.

A Mariña

  • Alfoz: 28 casos (2 menos).
  • A Pontenova: 31 (9 menos).
  • Barreiros: 35 (2 menos).
  • Burela: 137 (16 menos).
  • Cervo: 72 (10 menos).
  • Foz: 177 (15 menos).
  • Lourenzá: 32 (1 menos).
  • Mondoñedo: 47 (17 menos).
  • O Valadouro: 18.
  • O Vicedo: 24 (3 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 131 (11 menos).
  • Riotorto: 20 (2 menos).
  • Trabada: 34 (1 menos).
  • Viveiro: 278 (11 menos).
  • Xove: 63 (8 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 43 contaxios (4 menos).
  • A Pastoriza: 47 (3 menos).
  • As Pontes: 248 (5 menos).
  • Begonte: 32.
  • Castro de Rei: 139 (14 menos).
  • Cospeito: 83 (3 menos).
  • Friol: 35 (1 menos).
  • Guitiriz: 46 (5 menos).
  • Meira: 56 (8 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 59 (7 menos).
  • Pol: 51 (1 máis).
  • Rábade: 23 (2 menos).
  • Vilalba: 331 (12 menos)
  • Xermade: 14 (4 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 47 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 19 (1 menos).
  • O Páramo: 28 (3 menos).
  • Paradela: 23 (3 máis).
  • Samos: 14.
  • Sarria: 247 (4 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 59 positivos (2 menos).
  • As Nogais: 16 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 38 (2 menos).
  • Baleira: 13.
  • Baralla: 39 (4 menos).
  • Becerreá: 44 (1 menos).
  • Castroverde 35 (1 menos).
  • Cervantes: 14 (4 menos).
  • Guntín: 28 (1 menos).
  • Lugo: 2.235 (87 menos).
  • Monterroso: 86 (2 máis).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 50 (4 menos).
  • Palas de Rei: 39 (1 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 15 (2 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 25 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 13.
  • Carballedo: 38 (6 menos).
  • Chantada: 280 (1 menos).
  • Folgoso do Courel: 17.
  • Monforte: 434 (6 menos).
  • O Saviñao: 80 (5 menos).
  • Pantón: 25.
  • Quiroga: 42 (2 menos).
  • Ribas de Sil: 11.
  • Sober: 22 (2 máis).
  • Taboada: 61 (4 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).