Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid acelera o descenso de casos activos pero sobe a presión asistencial

Por 13 Febreiro, 2022Febreiro 14th, 2022Sin comentarios

Este domingo continúa a caída da presenza da covid cun descenso de casos activos e tamén novos contaxios.

Así, hoxe hai 4.415 casos activos, 405 menos que onte, con 249 novos contaxios e 654 altas. Onte os casos baixaron en 288, con 300 novos contaxios e 587 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 48.788 casos rexistrados e 299 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo. Na UCI do Hula seguen 5 os ingresados, mentres en planta son 49 os pacientes (3 máis), 34 no de Lugo, 9 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Descenso xeralizado outra xornada máis na análise por concellos. Destaca a baixa de 39 de Lugo, 28 de Monforte, 22 de Vilalba, 21 de Viveiro, 16 de Chantada, 11 de Cervo e Foz e 10 de Burela e Cospeito. Os poucos que soben en infeccións teñen entre 1 e 2 casos novoso.

Negueira de Muñiz leva 15 días limpo, o único da provincia. Con menos de dez contaxios novos están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras, Triacastela e Pedrafita.

A Mariña

  • Alfoz: 27 casos (1 menos).
  • A Pontenova: 28 (3 menos).
  • Barreiros: 26 (9 menos).
  • Burela: 127 (10 menos).
  • Cervo: 61 (11 menos).
  • Foz: 166 (11 menos).
  • Lourenzá: 28 (4 menos).
  • Mondoñedo: 41 (6 menos).
  • O Valadouro: 16 (2 menos).
  • O Vicedo: 22 (2 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 132 (1 máis).
  • Riotorto: 20.
  • Trabada: 33 (1 menos).
  • Viveiro: 257 (21 menos).
  • Xove: 57 (6 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 42 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 38 (9 menos).
  • As Pontes: 242 (6 menos).
  • Begonte: 29 (3 menos).
  • Castro de Rei: 139.
  • Cospeito: 73 (10 menos).
  • Friol: 33 (2 menos).
  • Guitiriz: 45 (1 menos).
  • Meira: 54 (2 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 57 (2 menos).
  • Pol: 53 (2 máis).
  • Rábade: 23.
  • Vilalba: 302 (22 menos)
  • Xermade: 15 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 48 enfermos (1 máis).
  • O Incio: 20 (1 máis).
  • O Páramo: 29 (1 máis).
  • Paradela: 24 (1 máis).
  • Samos: 13 (1 menos).
  • Sarria: 243 (4 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 50 positivos (9 menos).
  • As Nogais: 16.
  • Antas de Ulla: 35 (3 menos).
  • Baleira: 13.
  • Baralla: 35 (4 menos).
  • Becerreá: 36 (8 menos).
  • Castroverde 39 (4 máis).
  • Cervantes: 15 (1 máis).
  • Guntín: 27 (1 menos).
  • Lugo: 2.196 (39 menos).
  • Monterroso: 86.
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 50.
  • Palas de Rei: 38 (1 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 15.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 23 enfermos (2 menos).
  • Bóveda: 11 (2 menos).
  • Carballedo: 37 (1 menos).
  • Chantada: 264 (16 menos).
  • Folgoso do Courel: 17.
  • Monforte: 406 (28 menos).
  • O Saviñao: 75 (5 menos).
  • Pantón: 24 (1 menos).
  • Quiroga: 37 (5 menos).
  • Ribas de Sil: 10 (1 menos).
  • Sober: 20 (2 menos).
  • Taboada: 54 (7 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).