Skip to main content
Uncategorized @gl

Caen os novos contaxios e continúa aumentando a presión asistencial

Por 14 Febreiro, 2022Febreiro 15th, 2022Sin comentarios

Este luns volven caer os casos de covid de forma notoria, tanto os activos como os novos contaxios mentres a hospitalización experimenta un novo repunte.

Así, hoxe hai 4.044 casos activos, 371 menos que onte, con 169 novos contaxios e 540 altas. Onte os casos baixaron en 405, con 249 novos contaxios e 654 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 48.957 casos rexistrados e 299 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo. Na UCI do Hula baixan a 4 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 28 os pacientes (9 máis), 38 no de Lugo (4 máis), 10 na Mariña (1 máis) e 10 en Monforte (4 máis).

POR COMARCAS

Os concellos seguen á baixa con especial relevancia en Lugo, con 91 menos, Foz e Ribadeo con 14, Monforte con 12 e Vilalba e O Saviaño con 11. Son poucos os que soben se o fan suman como moito 3 casos máis.

Negueira de Muñiz leva 15 días limpo, o único da provincia. Agora Muras leva una semana sen casos e por debaixo de dez contaxios novos están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela e Pedrafita. Únese Ribas de Sil.

A Mariña

  • Alfoz: 28 casos (1 máis).
  • A Pontenova: 26 (2 menos).
  • Barreiros: 22 (4 menos).
  • Burela: 124 (3 menos).
  • Cervo: 53 (8 menos).
  • Foz: 152 (14 menos).
  • Lourenzá: 27 (1 menos).
  • Mondoñedo: 38 (3 menos).
  • O Valadouro: 17 (1 máis).
  • O Vicedo: 22.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 118 (14 menos).
  • Riotorto: 19 (1 menos).
  • Trabada: 33.
  • Viveiro: 250 (7 menos).
  • Xove: 53 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 43 contaxios (1 máis).
  • A Pastoriza: 41 (3 máis).
  • As Pontes: 198 (44 menos).
  • Begonte: 27 (2 menos).
  • Castro de Rei: 141 (2 máis).
  • Cospeito: 71 (2 menos).
  • Friol: 30 (3 menos).
  • Guitiriz: 45.
  • Meira: 50 (4 menos).
  • Muras: Unha semana sen casos.
  • Outeiro de Rei: 50 (7 menos).
  • Pol: 53.
  • Rábade: 23.
  • Vilalba: 291 (11 menos)
  • Xermade: 14 (1 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 47 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 20.
  • O Páramo: 26 (3 menos).
  • Paradela: 22 (2 menos).
  • Samos: 13.
  • Sarria: 239 (4 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 46 positivos (4 menos).
  • As Nogais: 15 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 32 (3 menos).
  • Baleira: 11 (2 menos).
  • Baralla: 33 (2 menos).
  • Becerreá: 35 (1 menos).
  • Castroverde 37 (2 menos).
  • Cervantes: 15.
  • Guntín: 24 (3 menos).
  • Lugo: 2.105 (91 menos).
  • Monterroso: 85 (1 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 50.
  • Palas de Rei: 34 (4 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 15.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 23 enfermos.
  • Bóveda: 11.
  • Carballedo: 36 (1 menos).
  • Chantada: 256 (8 menos).
  • Folgoso do Courel: 17.
  • Monforte: 394 (12 menos).
  • O Saviñao: 64 (11 menos).
  • Pantón: 20 (4 menos).
  • Quiroga: 36 (1 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: 19 (1 menos).
  • Taboada: 48 (6 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).