Skip to main content
Uncategorized @gl

Dous novos falecidos nunha xornada na que os casos activos caen por debaixo dos 4.000

Por 15 Febreiro, 2022Sin comentarios

Continúa a caída de casos activos na provincia agora xa por debaixo dos 4.000 e cun importante descenso dos novos contaxios aínda que a presión hospitalaria non mellora e se suman dous novos falecidos.

Así, hoxe hai 4.044 casos activos, 277 menos que onte, con 242 novos contaxios e 463 altas. Onte os casos baixaron en 371, con 169 novos contaxios e 540 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 49.195 casos rexistrados e 301 persoas falecidas, dúas máis que onte.

A presión hospitalaria sobe de novo. Na UCI do Hula baixan a 3 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 61 os pacientes (3 máis), 37 no de Lugo (1 menos), 10 na Mariña e 13 en Monforte (3 máis).

POR COMARCAS

Os concellos seguen á baixa. O que máis baixa segue a ser Lugo, con 57 menos, seguido de Vilalba con 19, Foz con 14, Chantada con 13 e Viveiro con 10. As Pontes tamén caeu en 18 contaxios.

Negueira de Muñiz leva 15 días limpo, o único da provincia. Muras leva una semana sen casos e por debaixo de dez contaxios novos están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita e únese Samos, xa que Ribas de Sil volve a sumar 10 positivos.

A Mariña

  • Alfoz: 30 casos (2 máis).
  • A Pontenova: 22 (4 menos).
  • Barreiros: 19 (3 menos).
  • Burela: 118 (6 menos).
  • Cervo: 51 (2 menos).
  • Foz: 138 (14 menos).
  • Lourenzá: 25 (2 menos).
  • Mondoñedo: 33 (5 menos).
  • O Valadouro: 14 (3 menos).
  • O Vicedo: 21 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 116 (2 menos).
  • Riotorto: 17 (2 menos).
  • Trabada: 29 (4 menos).
  • Viveiro: 240 (10 menos).
  • Xove: 51 (2 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 40 contaxios (3 menos).
  • A Pastoriza: 40 (1 menos).
  • As Pontes: 180 (18 menos).
  • Begonte: 28 (1 máis).
  • Castro de Rei: 144 (3 máis).
  • Cospeito: 65 (6 menos).
  • Friol: 31 (1 máis).
  • Guitiriz: 42 (3 menos).
  • Meira: 42 (8 menos).
  • Muras: Unha semana sen casos.
  • Outeiro de Rei: 50.
  • Pol: 50 (3 menos).
  • Rábade: 20 (3 menos).
  • Vilalba: 272 (19 menos)
  • Xermade: 12 (2 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 47 enfermos.
  • O Incio: 18 (2 menos).
  • O Páramo: 25 (1 menos).
  • Paradela: 23 (1 máis).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 231 (8 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 48 positivos (2 máis).
  • As Nogais: 14 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 28 (4 menos).
  • Baleira: 11.
  • Baralla: 33.
  • Becerreá: 35.
  • Castroverde 34 (3 menos).
  • Cervantes: 12 (3 menos).
  • Guntín: 23 (1 menos).
  • Lugo: 2.048 (57 menos).
  • Monterroso: 78 (7 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 43 (7 menos).
  • Palas de Rei: 32 (2 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 13 (2 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 23 enfermos.
  • Bóveda: 11.
  • Carballedo: 29 (7 menos).
  • Chantada: 243 (13 menos).
  • Folgoso do Courel: 16 (1 menos).
  • Monforte: 386 (8 menos).
  • O Saviñao: 63 (1 menos).
  • Pantón: 20.
  • Quiroga: 30 (6 menos).
  • Ribas de Sil: 10.
  • Sober: 20 (1 máis).
  • Taboada: 40 (8 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).