Skip to main content
Uncategorized @gl

Nove concellos están xa por debaixo de dez casos e dous levan máis dunha semana limpos de covid

Por 16 Febreiro, 2022Febreiro 17th, 2022Sin comentarios

A caída da hospitalización marca a xornada deste mércores, no que os novos contaxios seguen por debaixo de 300 pero aumentan lixeiramente aínda que o cómputo xeral é á baixa.

Así, hoxe hai 3.601 casos activos, 216 menos que onte, con 280 novos contaxios e 494 altas. Onte os casos baixaron en 277, con 242 novos contaxios e 463 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 49.474 casos rexistrados e 302 persoas falecidas, unha máis que onte.

A presión hospitalaria cae de súpeto. Na UCI do Hula baixan a 1 os ingresados (2 menos), mentres en planta son 49 os pacientes (12 menos), 29 no de Lugo (8 menos), 10 na Mariña e 9 en Monforte (4 menos).

POR COMARCAS

Numerosas caídas de casos nos concellos. Lugo segue a liderar, O que máis baixa segue a ser Lugo, con 42 menos, Chantada con 38, Monfrote con 30, Viveiro con 19, Castro de Rei con 13, Sarria, Burela e Foz con 12 e O Saviñao con 10. As Pontes tamén caeu en 20 contaxios.

Negueira de Muñiz leva 15 días limpo, o único da provincia. Muras leva una semana sen casos e por debaixo de dez contaxios novos súmanse 3, Xermade, Ribas de Sil e Baleira, xunto a Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita e Samos.

A Mariña

  • Alfoz: 31 casos (1 máis).
  • A Pontenova: 18 (4 menos).
  • Barreiros: 19.
  • Burela: 106 (12 menos).
  • Cervo: 50 (1 menos).
  • Foz: 126 (12 menos).
  • Lourenzá: 25.
  • Mondoñedo: 30 (3 menos).
  • O Valadouro: 10 (4 menos).
  • O Vicedo: 20 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 110 (6 menos).
  • Riotorto: 17.
  • Trabada: 25 (4 menos).
  • Viveiro: 221 (19 menos).
  • Xove: 47 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 35 contaxios (5 menos).
  • A Pastoriza: 34 (6 menos).
  • As Pontes: 160 (20 menos).
  • Begonte: 27 (1 menos).
  • Castro de Rei: 131 (13 menos).
  • Cospeito: 56 (9 menos).
  • Friol: 25 (6 menos).
  • Guitiriz: 39 (3 menos).
  • Meira: 41 (1 menos).
  • Muras: Unha semana sen casos.
  • Outeiro de Rei: 49 (1 menos).
  • Pol: 52 (2 máis).
  • Rábade: 15 (5 menos).
  • Vilalba: 264 (8 menos)
  • Xermade: Por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 38 enfermos (9 menos).
  • O Incio: 17 (1 menos).
  • O Páramo: 25.
  • Paradela: 19 (4 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 219 (12 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 45 positivos (3 menos).
  • As Nogais: 13 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 30 (2 máis).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 38 (5 máis).
  • Becerreá: 28 (7 menos).
  • Castroverde 33 (1 menos).
  • Cervantes: 14 (2 máis).
  • Guntín: 22 (1 menos).
  • Lugo: 2.006 (42 menos).
  • Monterroso: 71 (7 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 44 (1 máis).
  • Palas de Rei: 28 (4 menos).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 11 (2 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 20 enfermos (3 menos).
  • Bóveda: 11.
  • Carballedo: 24 (5 menos).
  • Chantada: 205 (38 menos).
  • Folgoso do Courel: 14 (2 menos).
  • Monforte: 356 (30 menos).
  • O Saviñao: 53 (10 menos).
  • Pantón: 20.
  • Quiroga: 29 (1 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: 18 (2 menos).
  • Taboada: 35 (5 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).