Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid dá un xiro e sobe todos os parámetros de crecemento

Por 18 Febreiro, 2022Febreiro 19th, 2022Sin comentarios

A melloría da situación pandémica dá un paso atrás cunha xornada na que aumentan os novos contaxios, os casos activos e a hospitalización, ademais de sumar un novo falecido.

Así, hoxe hai 3.642 casos activos, 31 máis que onte, con 341 novos contaxios e 308 altas. Onte os casos subiron en 10, con 309 novos contaxios e 294 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 50.119 casos rexistrados e 303 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria aumenta de novo. Na UCI do Hula seguen 2 ingresados, mentres en planta son 52 os pacientes (2 máis), 28 no de Lugo (1 máis), 12 na Mariña, 11 en Monforte (1 máis) e 1 no Polusa.

POR COMARCAS

Volven as cifras de crecemento do virus pero sen gromos importantes. Continúan tamén as bruscas caídas. Monforte lidera con 35 casos menos, Lugo con 24, Sarria con 22, Viveiro con 21, Castro de Rei con 12 e Burela e As Pobtes con 10.

Negueira de Muñiz leva 15 días limpo e Muras unha semana. Por debaixo de dez contaxios novos xa están 11. A Ribas de Sil, Baleira, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Pedrafita e Samos, súmanse Xermade, Riotorto e Folgoso do Courel.

A Mariña

  • Alfoz: 34 casos.
  • A Pontenova: 16.
  • Barreiros: 21 (2 máis).
  • Burela: 83 (10 menos).
  • Cervo: 35 (1 máis).
  • Foz: 108 (6 menos).
  • Lourenzá: 26 (2 máis).
  • Mondoñedo: 30 (1 menos).
  • O Valadouro: 14 (4 máis).
  • O Vicedo: 19.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 109 (5 máis).
  • Riotorto: Por debaixo de 10.
  • Trabada: 21.
  • Viveiro: 185 (21 menos).
  • Xove: 48 (1 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 29 contaxios (2 menos).
  • A Pastoriza: 32 (3 máis).
  • As Pontes: 140 (10 menos).
  • Begonte: 28 (1 menos).
  • Castro de Rei: 116 (12 menos).
  • Cospeito: 48 (4 menos).
  • Friol: 27 (2 máis).
  • Guitiriz: 35 (1 menos).
  • Meira: 36 (3 menos).
  • Muras: Unha semana sen casos.
  • Outeiro de Rei: 42 (4 menos).
  • Pol: 53.
  • Rábade: 17 (1 máis).
  • Vilalba: 244 (8 menos)
  • Xermade: Por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 29 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 19 (1 menos).
  • O Páramo: 23 (2 menos).
  • Paradela: 22 (1 máis).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 187 (22 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 50 positivos.
  • As Nogais: 16.
  • Antas de Ulla: 29 (1 máis).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 39 (2 menos).
  • Becerreá: 24.
  • Castroverde 25 (2 menos).
  • Cervantes: 15.
  • Guntín: 19 (1 menos).
  • Lugo: 1.831 (24 menos).
  • Monterroso: 60 (6 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 38 (3 menos).
  • Palas de Rei: 31 (4 máis).
  • Pedrafita: Por debaixo de 10.
  • Portomarín: 11 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 17 enfermos.
  • Bóveda: 15 (5 máis).
  • Carballedo: 21 (1 menos).
  • Chantada: 170 (9 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 289 (35 menos).
  • O Saviñao: 60 (3 máis).
  • Pantón: 17.
  • Quiroga: 24.
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: 12 (3 menos).
  • Taboada: 29 (3 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).