Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos caen por debaixo dos 3.000

Por 21 Febreiro, 2022Febreiro 22nd, 2022Sin comentarios

A covid acada unha nova mellora ao reducir o número de casos activos por debaixo dos 3.000. Así, hoxe hai 2.921 casos activos, 289 menos que onte, con 130 novos contaxios e 419 altas. Onte os casos baixaron en 213, con 171 novos contaxios e 387 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 50.649 casos rexistrados e 304 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula queda 1 ingresado, mentres en planta son 57 os pacientes (4 máis), 38 no de Lugo (4 máis), 7 na Mariña, 11 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS

Os concellos continúa reducindo a covid pero sen grandes cambios. Lugo de novo é o que máis reduce, 62 menos, seguido de Sarria con 18 e Vilalba con 11. No resto o movemento é de menos de dez.

Negueira de Muñiz e Muras levan máis de 15 días limpos e Pedrafita unha semana. Por debaixo de dez contaxios novos están Baleira, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Samos e Folgoso do Courel. Únese agora Portomarín

A Mariña

  • Alfoz: 30 casos (1 máis).
  • A Pontenova: 12 (1 máis).
  • Barreiros: 21.
  • Burela: 77 (5 menos).
  • Cervo: 23 (3 menos).
  • Foz: 95 (1 menos).
  • Lourenzá: 19 (3 menos).
  • Mondoñedo: 30.
  • O Valadouro: 18 (2 máis).
  • O Vicedo: 15 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 98 (7 menos).
  • Riotorto: 10 (1 menos).
  • Trabada: 16.
  • Viveiro: 159 (9 menos).
  • Xove: 37 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 20 contaxios (3 menos).
  • A Pastoriza: 31 (3 menos).
  • As Pontes: 125 (3 menos).
  • Begonte: 25.
  • Castro de Rei: 86 (9 menos).
  • Cospeito: 34 (3 menos).
  • Friol: 34.
  • Guitiriz: 24 (4 menos).
  • Meira: 26 (2 menos).
  • Muras: Quince días sen casos.
  • Outeiro de Rei: 41.
  • Pol: 44 (3 menos).
  • Rábade: 16.
  • Vilalba: 206 (11 menos)
  • Xermade: 13 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 23 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 17 (1 máis).
  • O Páramo: 21.
  • Paradela: 18 (1 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 149 (18 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 69 positivos (2 máis).
  • As Nogais: 16.
  • Antas de Ulla: 28 (1 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 39.
  • Becerreá: 29 (4 máis).
  • Castroverde 20 (1 menos).
  • Cervantes: 16.
  • Guntín: 13 (4 menos).
  • Lugo: 1.617 (62 menos).
  • Monterroso: 42 (5 menos).
  • Navia de Suarna: 11.
  • Negueira de Muñiz: Quince días limpo.
  • O Corgo: 42 (1 máis).
  • Palas de Rei: 27 (3 menos).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: Por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 17 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 12.
  • Carballedo: 21.
  • Chantada: 139 (8 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 245 (24 menos).
  • O Saviñao: 51 (2 menos).
  • Pantón: 18 (1 máis).
  • Quiroga: 15 (1 menos).
  • Ribas de Sil: 10.
  • Sober: 11.
  • Taboada: 18 (3 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).