Skip to main content
Uncategorized @gl

Un falecido e un novo ingreso na UCI son a cara negativa doutra xornada á baixa

Por 22 Febreiro, 2022Sin comentarios

A covid continúa coa súa melloría día a día a nivel de casos activos e contaxios. Así, hoxe hai 2.743 casos activos, 178 menos que onte, con 211 novos contaxios e 390 altas. Onte os casos baixaron en 289, con 130 novos contaxios e 419 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 50.862 casos rexistrados e 305 persoas falecidas, unha máis que onte.

A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula xa son 2 os ingresados (1 máis), mentres en planta son 51 os pacientes (6 menos), 38 no de Lugo, 7 na Mariña, 6 en Monforte (5 menos) e no Polusa xa non quedan afectados de covid.

POR COMARCAS

Os concellos continúan reducindo a covid. Lugo de novo é o que máis reduce, 63 menos, seguido de Chantada con 37, Monforte con 18, Vilalba con 11 e Ribadeo con 10. No resto o movemento é de menos de dez.

Negueira de Muñiz volve ter casos. Só Muras leva máis de 15 días limpo, e Pedrafita unha semana. Por debaixo de dez contaxios novos están Baleira, Ribeira de Piquín, Ourol, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel e Portomarín. Únese Sober.

A Mariña

  • Alfoz: 29 casos (1 menos).
  • A Pontenova: 10 (2 menos).
  • Barreiros: 21.
  • Burela: 73 (4 menos).
  • Cervo: 21 (2 menos).
  • Foz: 87 (8 menos).
  • Lourenzá: 16 (3 menos).
  • Mondoñedo: 28 (2 menos).
  • O Valadouro: 24 (6 máis).
  • O Vicedo: 16 (1 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 88 (10 menos).
  • Riotorto: 12 (2 máis).
  • Trabada: 13 (3 menos).
  • Viveiro: 152 (7 menos).
  • Xove: 33 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 17 contaxios (3 menos).
  • A Pastoriza: 28 (3 menos).
  • As Pontes: 119 (6 menos).
  • Begonte: 24 (1 menos).
  • Castro de Rei: 79 (7 menos).
  • Cospeito: 34.
  • Friol: 29 (5 menos).
  • Guitiriz: 21 (3 menos).
  • Meira: 21 (5 menos).
  • Muras: Quince días sen casos.
  • Outeiro de Rei: 39 (2 menos).
  • Pol: 37 (7 menos).
  • Rábade: 14 (2 menos).
  • Vilalba: 195 (11 menos)
  • Xermade: 14 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 20 enfermos (3 menos).
  • O Incio: 16 (1 menos).
  • O Páramo: 20 (1 menos).
  • Paradela: 18.
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 137 (8 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 72 positivos (3 máis).
  • As Nogais: 17 (1 máis).
  • Antas de Ulla: 25 (3 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 38 (1 menos).
  • Becerreá: 27 (2 menos).
  • Castroverde 19 (1 menos).
  • Cervantes: 14 (2 menos).
  • Guntín: 11 (2 menos).
  • Lugo: 1.564 (63 menos).
  • Monterroso: 35 (7 menos).
  • Navia de Suarna: 12 (1 máis).
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 40 (2 menos).
  • Palas de Rei: 28 (1 máis).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: Por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 20 enfermos (3 máis).
  • Bóveda: 12.
  • Carballedo: 19 (2 menos).
  • Chantada: 102 (37 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 227 (18 menos).
  • O Saviñao: 51.
  • Pantón: 16 (2 menos).
  • Quiroga: 19 (4 máis).
  • Ribas de Sil: 10.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: 16 (2 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).