Skip to main content
Uncategorized @gl

Ralentízase a baixada da covid por pequenos gromos

Por 23 Febreiro, 2022Febreiro 24th, 2022Sin comentarios

A covid continúa a baixa pero este mércores algo ralentizada por algúns gromos en diferentes puntos como Castro ou A Pastoriza. Así, hoxe hai 2.743 casos activos, 71 menos que onte, con 221 novos contaxios e 299 altas. Onte os casos baixaron en 178, con 211 novos contaxios e 390 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.090 casos rexistrados e 305 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula baixa a 1 ingresado (1 menos), mentres en planta son 51 os pacientes, 36 no de Lugo (2 menos), 1 na Mariña (1 máis) e 7 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Xornada de altibaixos entre os concellos, nos que Muras tamén volve ter casos polo que non hai ningún que leve 15 días sen contaxios. Pedrafita si unha semana, o único. Despois, por debaixo de 1o están Negueira de Muñiz, Baleira, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel, Portomarín, Sober e Muras.

Subida importante de casos en Castro, con 1o máis, e baixada de Lugo con 63 menos, Monforte con 19, Viveiro con 11 e Sarria con 10.

A Mariña

  • Alfoz: 28 casos (1 menos).
  • A Pontenova: 11 (1 máis).
  • Barreiros: 20 (1 menos).
  • Burela: 65 (8 menos).
  • Cervo: 19 (2 menos).
  • Foz: 80 (7 menos).
  • Lourenzá: 14 (2 menos).
  • Mondoñedo: 29 (1 máis).
  • O Valadouro: 27 (3 máis).
  • O Vicedo: 18 (2 máis).
  • Ourol: 10.
  • Ribadeo: 85 (3 menos).
  • Riotorto: 10 (2 menos).
  • Trabada: 10 (3 menos).
  • Viveiro: 141 (11 menos).
  • Xove: 33.

Terra Chá

  • Abadín: 15 contaxios (2 menos).
  • A Pastoriza: 30 (2 máis).
  • As Pontes: 114 (5 menos).
  • Begonte: 23 (1 menos).
  • Castro de Rei: 89 (10 máis).
  • Cospeito: 32 (2 menos).
  • Friol: 28 (1 menos).
  • Guitiriz: 20 (1 menos).
  • Meira: 19 (2 menos).
  • Muras: Volve ter casos. Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 37 (2 menos).
  • Pol: 35 (2 menos).
  • Rábade: 13 (1 menos).
  • Vilalba: 192 (3 menos)
  • Xermade: 15 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 20 enfermos.
  • O Incio: 13 (3 menos).
  • O Páramo: 20.
  • Paradela: 16 (2 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 127 (10 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 70 positivos (2 menos).
  • As Nogais: 16 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 23 (2 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 39 (1 máis).
  • Becerreá: 32 (5 máis).
  • Castroverde 17 (2 menos).
  • Cervantes: 13 (1 menos).
  • Guntín: 12 (1 máis).
  • Lugo: 1.501 (63 menos).
  • Monterroso: 30 (5 menos).
  • Navia de Suarna: 12.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 38 (2 menos).
  • Palas de Rei: 29 (1 máis).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: Por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 17 enfermos (3 menos).
  • Bóveda: 11 (1 menos).
  • Carballedo: 18 (1 menos).
  • Chantada: 101 (1 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 208 (19 menos).
  • O Saviñao: 54 (3 máis).
  • Pantón: 13 (3 menos).
  • Quiroga: 19.
  • Ribas de Sil: 10.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: 18 (2 máis).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).