Skip to main content
Uncategorized @gl

Fréase a caída de casos activos na xornada na que a UCI queda baleira de covid

Por 24 Febreiro, 2022Sin comentarios

A covid experimentou un pequeno repunte de casos activos debido á caída das altas pero os casos novos descenden do mesmo xeito que a hospitalización, na que as UCI xa non teñen pacientes.

Así, hoxe hai 2.702 casos activos, 30 máis que onte, con 215 novos contaxios e 181 altas. Onte os casos baixaron en 71, con 221 novos contaxios e 299 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.302 casos rexistrados e 306 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria redúcese quedando as UCI baleiras (onte había un ingresado). En planta son 46 os pacientes (5 menos), 30 no de Lugo (6 menos), 8 na Mariña e 8 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Xornada de máis caídas que subidas seguindo a tendencia xeral. Sarria sobe en 10 contaxios, o resto por debaixo desa cantidade. Baixan en maior proporción, Lugo con 88 menos, Monforte con 16, Pol con 14 e As Pontes con 21 menos.

Pedrafita leva unha semana, o único. Por debaixo de 1o están Negueira de Muñiz, Baleira, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel, Portomarín, Sober e Muras. Únense Trabada e Ribas de Sil.

A Mariña

  • Alfoz: 28 casos.
  • A Pontenova: 13 (2 máis).
  • Barreiros: 21 (1 máis).
  • Burela: 65.
  • Cervo: 16 (3 menos).
  • Foz: 75 (5 menos).
  • Lourenzá: 11 (3 menos).
  • Mondoñedo: 26 (3 menos).
  • O Valadouro: 29 (2 máis).
  • O Vicedo: 17 (1 menos).
  • Ourol: 10.
  • Ribadeo: 81 (4 menos).
  • Riotorto: 10.
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 138 (3 menos).
  • Xove: 30 (3 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 12 contaxios (3 menos).
  • A Pastoriza: 34 (4 máis).
  • As Pontes: 93 (21 menos).
  • Begonte: 21 (2 menos).
  • Castro de Rei: 85 (4 menos).
  • Cospeito: 28 (4 menos).
  • Friol: 25 (3 menos).
  • Guitiriz: 19 (1 menos).
  • Meira: 19.
  • Muras: Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 36 (1 menos).
  • Pol: 21 (14 menos).
  • Rábade: 11 (2 menos).
  • Vilalba: 190 (2 menos)
  • Xermade: 14 (1 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 22 enfermos (2 máis).
  • O Incio: 13.
  • O Páramo: 19 (1 menos).
  • Paradela: 16.
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 137 (10 máis).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 63 positivos (3 menos).
  • As Nogais: 13 (3 menos).
  • Antas de Ulla: 20 (3 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 40 (1 máis).
  • Becerreá: 32.
  • Castroverde 16 (1 menos).
  • Cervantes: 11 (2 menos).
  • Guntín: 13 (1 máis).
  • Lugo: 1.413 (88 menos).
  • Monterroso: 22 (8 menos).
  • Navia de Suarna: 12.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 38.
  • Palas de Rei: 25 (4 menos).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: Por debaixo de 10.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 16 enfermos (1 menos).
  • Bóveda: 11.
  • Carballedo: 18.
  • Chantada: 100 (1 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 192 (16 menos).
  • O Saviñao: 48 (6 menos).
  • Pantón: 12 (1 menos).
  • Quiroga: 16 (3 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: 11 (7 menos).

RESTRICIÓNS

  • Eliminadas as restricións horarias á hostalaría.
  • Permítese o consumo en barra.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior.
  • As máscaras en exterior non son obligatorias.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).