Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae o número de casos novos de covid

Por 26 Febreiro, 2022Febreiro 27th, 2022Sin comentarios

A covid volve a reducir a súa indicencia ao baixar o número de casos positivos novos mentres a hospitalización volve aumentar.

Así, hoxe hai 2.672 casos activos, 102 menos que onte, con 159 novos contaxios e 252 altas. Onte os casos subiron en 72, con 242 novos contaxios e 166 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.694 casos rexistrados e 310 persoas falecidas (dúas máis que onte).

A presión hospitalaria volve a aumentar coas UCI baleiras. En planta son 47 os pacientes (4 máis), 31 no de Lugo (2 máis), 8 na Mariña (1 menos) e 8 en Monforte (3 máis).

POR COMARCAS

Cada vez máis concellos están por debaxio de dez contaxios, xa son 14 e un deles, Pedrafita, leva máis dunha semana limpo, o único.

A presenza xeral continúa á baixa, agás algúns gromos illados. A caída de casos máis importantes segue en Lugo, con 41 menos e Castro de Rei 10.

A Mariña

  • Alfoz: 25 casos (3 menos).
  • A Pontenova: 14 (1 máis).
  • Barreiros: 19 (2 menos).
  • Burela: 50 (6 menos).
  • Cervo: 15.
  • Foz: 64 (8 menos).
  • Lourenzá: 10 (1 menos).
  • Mondoñedo: 27 (1 máis).
  • O Valadouro: 32.
  • O Vicedo: 16 (1 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 68 (3 menos).
  • Riotorto: 12.
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 126 (8 menos).
  • Xove: 23 (3 menos).

Terra Chá

  • Abadín: Por debaixo de 10.
  • A Pastoriza: 38.
  • As Pontes: 76 (5 menos).
  • Begonte: 20 (1 menos).
  • Castro de Rei: 71 (10 menos).
  • Cospeito: 28 (1 menos).
  • Friol: 24 (1 menos).
  • Guitiriz: 21 (2 máis).
  • Meira: 13 (1 menos).
  • Muras: Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 30.
  • Pol: 14 (2 menos).
  • Rábade: 11.
  • Vilalba: 165 (5 menos)
  • Xermade: 16 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 19 enfermos (3 menos).
  • O Incio: 12 (1 máis).
  • O Páramo: 19.
  • Paradela: 14 (2 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 133 (8 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 27 positivos (2 menos).
  • As Nogais: 11 (1 menos).
  • Antas de Ulla: 14 (2 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 34 (1 menos).
  • Becerreá: 28 (1 menos).
  • Castroverde 15.
  • Cervantes: Por debaixo de 10.
  • Guntín: 12 (1 menos).
  • Lugo: 1.300 (41 menos).
  • Monterroso: 14 (3 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 30 (3 menos).
  • Palas de Rei: 19 (4 menos).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: 11.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15 enfermos (2 menos).
  • Bóveda: 11.
  • Carballedo: 18 (1 menos).
  • Chantada: 85 (9 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 192.
  • O Saviñao: 52 (3 máis).
  • Pantón: 14 (1 menos).
  • Quiroga: 11 (2 menos).
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: Por debaixo de 10.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).