Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid mantén o ritmo de baixada en casos activos e novos contaxios

Por 27 Febreiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

A caída de casos continúa mellorando as cifras da covid en todos os sectores agás na hospitalización, que se mantén.

Así, hoxe hai 2.483 casos activos, 189 menos que onte, con 130 novos contaxios e 319 altas. Onte os casos baixaron en 102, con 252 novos contaxios e 252 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.824 casos rexistrados e 310 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense coas UCI baleiras. En planta son 47 os pacientes, 31 no de Lugo, 9 na Mariña (1 máis) e 7 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Continúa aumentando o número de concellos que están por debaixo de 10 contaxios e tamén os que están baixando e con valores moi próximos.

Pedrafita, e agora Cervantes, levna máis dunha semana limpos. O único movemento importante de casos prodúcese en Lugo, que baixa en 76 positivos.

A Mariña

  • Alfoz: 24 casos (1 menos).
  • A Pontenova: 12 (2 menos).
  • Barreiros: 17 (2 menos).
  • Burela: 46 (4 menos).
  • Cervo: 20 (5 máis).
  • Foz: 60 (4 menos).
  • Lourenzá: 10.
  • Mondoñedo: 30 (3 máis).
  • O Valadouro: 33 (1 máis).
  • O Vicedo: 17 (1 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 59 (9 menos).
  • Riotorto: 11 (1 menos).
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 122 (4 menos).
  • Xove: 22 (1 menos).

Terra Chá

  • Abadín: Por debaixo de 10.
  • A Pastoriza: 39 (1 máis).
  • As Pontes: 70 (6 menos).
  • Begonte: 20.
  • Castro de Rei: 68 (3 menos).
  • Cospeito: 27 (1 menos).
  • Friol: 24.
  • Guitiriz: 21.
  • Meira: 13.
  • Muras: Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 31 (1 máis).
  • Pol: 12 (2 menos).
  • Rábade: Por debaixo de 10.
  • Vilalba: 159 (6 menos)
  • Xermade: 14 (2 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 18 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 11 (1 menos).
  • O Páramo: 17 (2 menos).
  • Paradela: 13 (1 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 130 (3 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 64 positivos (3 menos).
  • As Nogais: 14 (3 máis).
  • Antas de Ulla: 11 (3 menos).
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 35 (1 máis).
  • Becerreá: 29 (1 máis).
  • Castroverde 12 (3 menos).
  • Cervantes: Unha semana sen casos.
  • Guntín: 12.
  • Lugo: 1.224 (76 menos).
  • Monterroso: 11 (3 menos).
  • Navia de Suarna: 10.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 30.
  • Palas de Rei: 18 (1 menos).
  • Pedrafita: Unha semana sen casos.
  • Portomarín: 13 (2 máis).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 16 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 12 (1 máis).
  • Carballedo: 17 (1 menos).
  • Chantada: 81 (4 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 191 (1 menos).
  • O Saviñao: 53 (1 máis).
  • Pantón: 12 (2 menos).
  • Quiroga: 11.
  • Ribas de Sil: Por debaixo de 10.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: Por debaixo de 10.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).