Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos de covid caen por debaixo dos cen diarios

Por 28 Febreiro, 2022Sin comentarios

A hospitalización segue sen estar controlada mentres a caída da covid segue sendo continua agora cos casos novos xa por debaixo de cen diarios.

Así, hoxe hai 2.238 casos activos, 245 menos que onte, con 93 novos contaxios e 338 altas. Onte os casos baixaron en 189, con 130 novos contaxios e 319 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 51.917 casos rexistrados e 310 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir aínda que as UCI seguen baleiras. En planta son 52 os pacientes (5 máis), 35 no de Lugo (4 máis), 10 na Mariña (1 máis) e 7 en Monforte.

POR COMARCAS

Estabilidade con tendencia á baixa nos concellos, nos que só destacada a baixada de Lugo en 39 casos. Por outra banda, os concellos limpos de covid son xa 4. Quince días sen casos leva Pedrafita e unha semana Cervantes, Ribas de Sil e Monterroso.

A Mariña

  • Alfoz: 23 casos (1 menos).
  • A Pontenova: 12.
  • Barreiros: 17.
  • Burela: 49 (3 máis).
  • Cervo: 21 (1 máis).
  • Foz: 60.
  • Lourenzá: 10.
  • Mondoñedo: 30.
  • O Valadouro: 33.
  • O Vicedo: 17.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 58 (1 menos).
  • Riotorto: 10 (1 menos).
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 115 (7 menos).
  • Xove: 20 (2 menos).

Terra Chá

  • Abadín: Por debaixo de 10.
  • A Pastoriza: 37 (2 menos).
  • As Pontes: 71 (1 máis).
  • Begonte: 21 (1 máis).
  • Castro de Rei: 62 (6 menos).
  • Cospeito: 26 (1 menos).
  • Friol: 23 (1 menos).
  • Guitiriz: 20 (1 menos).
  • Meira: 12 (1 menos).
  • Muras: Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 33 (2 máis).
  • Pol: 12.
  • Rábade: Por debaixo de 10.
  • Vilalba: 163 (4 máis)
  • Xermade: 15 (1 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 17 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 11.
  • O Páramo: 17.
  • Paradela: 12 (1 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 126 (4 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 66 positivos (2 máis).
  • As Nogais: 16 (2 máis).
  • Antas de Ulla: 11.
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 37 (2 máis).
  • Becerreá: 28 (1 menos).
  • Castroverde 12.
  • Cervantes: Unha semana sen casos.
  • Guntín: 12.
  • Lugo: 1.185 (39 menos).
  • Monterroso: Unha semana sen casos.
  • Navia de Suarna: 10.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 29 (1 menos).
  • Palas de Rei: 16 (2 menos).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Portomarín: 12 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15 enfermos (1 menos).
  • Bóveda: 12.
  • Carballedo: 15 (2 menos).
  • Chantada: 74 (7 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 186 (5 menos).
  • O Saviñao: 54 (1 máis).
  • Pantón: 12.
  • Quiroga: 10 (1 menos).
  • Ribas de Sil: Unha semana sen casos.
  • Sober: Por debaixo de 10.
  • Taboada: 10.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).