Skip to main content

Co gallo do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, Laura Redondo, psicóloga e mediadora, experta en Violencia e Igualdade, impartirá unha conferencia sobre feminismo, coa participación de Ana Belén Traseira Pena, directora do Centro Asociado.

A conferencia forma parte do proxecto #PlanetaODS 2.0, Iniciativa galardoada cun premio nacional do observatorio ODS da UNED, cuxo obxectivo é divulgar efemérides socioambientais ligadas á Axenda 2030. A finalidade de #PlanetaODS 2.0, é a de concienciar da importancia de vivir dun modo máis sustentable, reforzando o compromiso das administracións e da cidadanía para alcanzar o dezasete grandes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que contribúen a preservar o planeta e facer posible unha vida digna para todo o mundo.

Realizarase online ou presencial o vindeiro luns, día 7 de marzo, as 18:00 horas. Será necesaria inscrición previa.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26301&codigo=CONFE