Skip to main content
Vegadeo

Vegadeo propón aos seus veciños a súa participación no deseño da contorna da ría

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Vegadeo vén de propoñer aos seus veciños a súa participación no deseño da contorna da ría ao seu paso polo municipio.

Para elo faranse reunións periódicas para imaxinar e deseñar aplicando métodos participativos. As dúas primeiras serán a presentación do proxecto e a búsqueda de Niño e faranse os días 18 e 25 de marzo.

A seguinte, sobre os planos da memoria, será o 1 e 8 de abril; e despois tratarase o mapeado ambiental e social o 22 e 29 de abril; o codiseño bocetado o 6 e 13 de maio; crearanse prototipos LAB urbanos o 20 e 27 de maio e 3 de xuño; e xa por último a presentación pública farase o 9 de xuño.

Para participar será necesario anotarse no instituto ou nas oficinas do Concello e todas estas reunións serán no Pirulí da feira.