Skip to main content
Viveiro

O CIM de Viveiro xa ten gañadores do seu concurso de fotografía

Por 20 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro entregará o próximo sábado, día 26 de marzo, os premios do concurso de fotografía amateur Mulleres e Traballos e o de debuxo escolar Mamá traballadora, ambos convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Será as 13:00 horas na sala multiusos do concello.

No concurso de fotografía amateur Mulleres e Traballos formaron parte do xurado os fotógrafos José María Álvez, Pepa Losada, Saúl Jiménez e Toño Goás.

O primeiro premio, dotado con 300,00 euros foir para a fotografía Muller galega, traballo e tempo, de Sandra López López. O segundo, dotado con 150,00 euros foi para a fotografía Al tajo da autora Reyes Cedá Mira.

Finalmente, o terceiro, dotado con 100,00 euros correspondeu á fotografía Traballadora do campo, do autor Iago Manuel Souto Lorenzo.

Concedeuse tamén un premio especial do público, dotado con 100 euros, para a fotografía A cultura segura, inclusiva e feminista enche de vida, da autora María Simón Cundíns.

No concurso de debuxo escolar Mamá traballadora formaron parte do xurado Lara Fernández Fernández-Noriega (concelleira Cultura e Muller), Margarita Fernández Franco (CIM Viveiro), María Covadonga Dopico Cachán (Biblioteca Municipal) e Paula Díaz Mejuto (artista local). Os premios foron para Beltrán Pernas Pernas, de 3º de Primaria do CEIP Lois Tobío; Beatriz García Fernández, de 4º  do CPR Landro; Alejandra Raquel Olivares Alcántara de 5º do CPR Landro, e Juanjo Bouza Chao, de 6º e tamén do mesmo centro.