Skip to main content
Xove

O anpa do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove recada fondos para unha excursión

Por 2 Marzo, 2022Sin comentarios

Os alumnos de 5º e 6º do colexio CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove preparan un sorteo para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

O premio deste sorteo será unha cesta con produtos de tempada e da zona valorada en 300 euros e que ademais inclúe unha fin de semana para dúas persoas, valorada en 150 euros.

Para participar neste sorteo, que se celebrará o Día de San Xosé 19 de marzo, os pequenos e os socios do anpa venderán rifas por valor de 1 euro.