Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Xermade unha excursión a Ourense para mulleres no 8M

Por 7 Marzo, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza unha excursión de mulleres, que terá lugar o 12 de marzo, con motivo da celebración do Día da Muller.

Esta excursión realizarase a Ourense e comezará ás 9.00 horas coa saída en autobús da praza do Concello. Ás 11.30 horas está prevista a visita guiada á cidade de Ourense co título Historia das mulleres en Ourense: A conciencia da igualdade, organizada polo Arquivo Histórico Provincial.

Ás 14.00 horas será a comida seguida dun paseo polo Carballiño, para, ás 17.00 horas facer o circuíto termal e merenda no balneario de Caldas de Partovia.

A xornada rematará ás 19.30 horas co regreso a Xermade.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 9 de marzo chamando ao teléfono 678 744 178.