Skip to main content
Axenda Caducada

Ricardo Fernández ofrece unha charla sobre salud e benestar en Mondoñedo

Por 10 Marzo, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

Ricardo Fernández, un emprendedor mindoniense, ofrecerá unha charla este sábado día 12 ás 20.00 horas no auditorio municipal de Mondoñedo “coa idea de explicar a concepción integral da saúde, a importancia dos hábitos saudables no mantemento da mesma e como encaixa este novo proxecto nesta perspectiva da saúde”, explica o promotor.

Ricardo argumenta que “a única vía para mellorar a calidade de vida en relación á saúde é coa adquisición de mellores hábitos, e con esta idea elaborou un programa de 10 semanas de duración, titulado: hábitos saudables e autogestión de saúde, cuxas características máis representativas son: unha planificación coherente coas túas características e circunstancias, un acompañamento continuado, unha intervención integral, un desenvolvemento presencial e en liña coa posibilidade de participación do teu médico e un marcado carácter educativo en todo o proceso.

“Por iso quero convidar a todas as persoas que pretendan cambiar de rutinas, e estean dispostas a emprender unha nova viaxe, para que se acheguen á charla que vou impartir, para que escoiten o meu método e ao mesmo tempo tamén poidan preguntar e consultar todas as súas dúbidas”, di Fernández.