Skip to main content
Axenda Caducada

A XXII Mostra de Teatro Clásico achegará 12 obras á cidade de Lugo

Por 9 Marzo, 2022Marzo 27th, 2022Sin comentarios

A XXII edición da Mostra de Teatro Clásico aumenta este ano a súa programación ata chegar ás 12 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo.

A Mostra de Teatro Clásico do 2022 contará cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas. Este ano chegan obras que contan co apoio do Centro Dramático Galego, como é Arte sen guión, unha das novidades ao tratarse dun espectáculo de improvisación. A área de Cultura achega este ano o teatro á rúa e a outros lugares, como o Vello Cárcere, aínda que a programación continuará maioritariamente no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

En definitiva, Alfred Jarry, Shakespeare, Perrault, Quevedo ou Lope de Vega estarán representados nesta nova edición baixo moi diferentes prismas; Dende un “Lázaro” cantado en base de rap, pasando polo teatro fisico e clown de “El Busclown”, as adaptacións transgresoras e modernas e diversas de Shakespeare en “Othello” e “Macbeth” ou a improvisación de “Arte sen guión”. Unha mostra actual, unha programación diversa e para todos os públicos. Este ano tamén haberá unha Mostra de Teatro Clásico que incluirá diferentes xeitos de afrontar os clásicos e traelos á modernidade.

ENTRADAS E BONOS

A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35€. As entradas teñen un prezo de 8 euros na zona A e 6 euros na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entradas en 5 euros para a zona A e 3.75 euros para a zona B.

As representación para público familiar, Fuenteovejuna e Pulgarcito, non estarán incluídas nos bonos, e terán un prezo único de 5 euros por entrada.

El perro mutante del hortelano non precisará de entrada, e accederase por orde de chegada ao Vello Cárcere. O mesmo acontecerá con Quen ocupa esta cadeira, orixinalmente prevista para a praza Maior, e que no caso de choiva será trasladada ao Vello Cárcere.

PROGRAMA

  • Venres 11 de marzo: El Busclown de La Escalera de Tijera no Gustavo Freire ás 20. 30 horas.
  • Sábado 12 de marzo: La escuela de los vicios de Morfeo Teatro no Gustavo Freire ás 20.30 horas.
  • Martes 15 de marzo: El perro mutante del hortelano de Emma Lobo no Vello Cárcere. Terá dous pases, o primeiro ás 18.30 horas e o segundo ás 20.30 horas. Será de balde.
  • Xoves 17 de marzo: Lázaro de Leamok no Gustavo Freire ás 20.30 horas.
  • Venres 18 de marzo: Noche de Reyes de Ur Teatro no Gustavo Freire ás 20,30 horas.
  • Sábado 19 de marzo: Macbeth de Gabriela Cortés no Gustavo Freire ás 20.30 horas.
  • Domingo 20 de marzo: Fuenteovejuna de Sol y Tierra no Gustavo Freire ás 18.30 horas. Está dirixida ao público familiar.
  • Xoves 24 de marzo: Arte sen guión de Galeatro e CDG (Espectáculo de improvisación) no Gustavo Freire ás 20.30 horas.
  • Venres 25 de marzo: Othello de Voadora no Gustavo Freire ás 20.30 horas.
  • Sábado 26 de marzo: Quen ocupa esa cadeira. Clásicos de Palimoquiños na Praza Maior (En caso de choiva no Vello Cárcere) ás 12.00 horas. O Gustavo Freire acollerá este día Ubú Le Roi de Los Sueños de Fausto ás 20.30 horas.
  • Domingo 27 de marzo: Pulgarcito de Teatro Paraíso para público familiar no Gustavo Freire ás 18.30 horas.