Skip to main content
Axenda Caducada

Lugo acollerá a XXXI Duatlón Cidade de Lugo, memorial “Alejandro López” o domingo 13

Por 11 Marzo, 2022Marzo 13th, 2022Sin comentarios

A XXXI Duatlón Cidade de Lugo, memorial “Alejandro López”, voltará nesta edición á contorna do Pazo de Feiras e Congresos, onde preto de 250 participantes se darán cita o próximo domingo, 13 de marzo. Trátase dunha proba emblemática da cidade e consolidada no calendario oficial de tríatlon de Galicia”.

Lugo é unha cidade que respira deporte, co profesional e co de base. O arraigo do atletismo e do ciclismo en Lugo, gaña cada vez máis adeptos. Isto é gracias á gran oferta de instalacións deportivas que dispón a cidade.

A proba, conta con duatletas de toda Galicia de recoñecida traxectoria. Ademais, destaca a participación do arxentino Facundo Medard, do Tríatlon Arteixo e vencedor do circuíto de Dúatlon 2021 e claro favorito ao podio masculino; a do xuvenil Jarno Pousada, que xa acada podios absolutos na súa traxectoria neste deporte, así como a triatleta murciana Natalia Hidaldo, 3ª no Campionato de España Olímpico Elite 2021, e a muxián Barca Toba, ambas as dúas militantes do club local Cidade de Lugo Fluvial e favoritas ao podio feminino.

A competición conta tamén cunha gran participación dos clubs locais e das categorías promesa onde unha vez mais o Cidade de Lugo e os seus deportistas teñen claras opcións aos galardóns nas categorías promesa dando relevancia ao gran traballo levado a cabo na súa escola. Jarno Pousada ou Diego Tomé que levan formándose na mesma son un claro exemplo.

A saída, transición e a meta estarán localizadas no interior do pazo e desenvolverase coas medidas de prevención establecidas polo Protocolo Fisicovid-DXT da Federación Galega de Tríatlon, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para conter a propagación da COVID-19

A proba disputarse sobre distancia sprint (5 Km de carreira a pé, 21,4 Km. de ciclismo e 2,5 Km. de carreira), entre cada sector os deportistas deben pasar pola transición para facer o cambio de material.

A primeira carreira a pé constará de catro voltas no parque do Pazo de Feiras e Congresos e o paseo Fluvial do Miño. O ciclismo que constará de 4 voltas desenvolverase pola estrada de Ombreiro, dende o enlace de Marqués de Ombreiro coa Avd. dos Deportes ata o enlace de subida ao colexio Galén que os/as deportistas deberán completar antes de voltar á transición 2 para o último sector de carreira a pé realizando dúas voltas ao parque e rematando nas instalacións interiores do Pazo onde estará localizada a meta.

Ás 10.30 terá lugar a saída masculina, ás 12.00 a saída feminina e a 13.45 farase a entrega de premios.