Skip to main content
Axenda Caducada

O Mercado da Feira Medieval de Monforte terá lugar os días 26 e 27 de marzo

Por 13 Marzo, 2022Marzo 27th, 2022Sin comentarios

A Praza de Abastos do Concello de Monforte segue recuperando a súa actividade habitual, coa posta en marcha de outra actividade a maiores da Feira de Oportunidades do CCU. Nesta ocasión é o Mercado da Feira Medieval.

MERCADO DA FEIRA MEDIEVAL DE MONFORTE
O Mercado para a Feira Medieval de Monforte, mercado que se celebrará a fin de semana seguinte, o sábado 26 e o domingo 27 de marzo, pensando xa nos preparativos e promoción da XVIII edición da Feira Medieval de Monforte de Lemos.

“O noso obxectivo, neste caso, é o de potenciar e promover, con este mercado, a Feira Medieval, que se constitúe coma un evento turístico de gran afluencia de público e visitantes, que na Semana Santa se achegan a Monforte”, sinala José Tomé.

“Con este mercado”, continúa o alcalde, “pretendemos facilitar ós monfortinos e monfortinas, visitantes, comercios e hostalería, que teñan un escaparate de referencia, tanto para a decoración de establecementos, balcóns, fachadas, como propostas de traxes medievais, calzado, peiteados ou complementos”.

Do mesmo xeito, tamén destinarase un espazo para as exposicións de doces e menús de orixe medieval e, coma nas anteriores edicións, haberá un desfile medieval o sábado, así como o concurso de “Mellor Doce do Medievo”, onde as pastelerías e panaderías monfortinas amosan as súas propostas para estas datas.

Deste xeito, cos dous mercados, seguimos recuperando e desenvolvendo un calendario de actividades de volta á normalidade, coas actividades nas que garantimos o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria ante a Covid-19, para o que contaremos con persoal nas instalacións destinado ó control de aforos, establecendo a obrigatoriedade do uso da máscara, uso de hidroxel, reordenaremos os espazos para cumprir coas distancias de seguridade, e reforzaremos limpeza e desinfección das instalacións”, concluíu o alcalde.