Skip to main content
Axenda Caducada

A cuarta edición da Moto Ruta Pata de Xato completa as súas prazas

Por 16 Marzo, 2022Abril 2nd, 2022Sin comentarios

A cuarta edición da Moto Ruta Pata de Xato terá lugar o vindeiro sábado 2 de abril e xa ten completo o total do seu aforo. A inscrición contaba cun prezo especial para socios de 27 euros e de 32 para os non socios.

Esta competición é puntuable para o Campionato Galego de Moto Turismo.

A Moto Ruta Pata de Xato transcorre as montañas de Asturias máis próximas á provincia de Lugo e terá catro opcións de ruta segundo os gustos do motorista. Unha longa guiada por GPS que terá unha duración de 4 horas, esta poder ser mixta ou por estrada. Haberá unha terceira guiada por un membro de Lóstregos-Lvcvs e unha última a través de roadbook.