Skip to main content
Axenda Caducada

O libro Antas de Ulla no Centro Xeográfico de Galicia será presentado o sábado 26

Por 25 Marzo, 2022Marzo 26th, 2022Sin comentarios

O sábado 26 de marzo ás 18.00 horas será presentado en Antas de Ulla o libro Antas de Ulla no Centro Xeográfico de Galicia, coordinado por Aldara García Gómez e María José Gómez Alvite e editado pola Deputación de Lugo e o Instituto de Estudos Ulloáns.

A presentación terá lugar na igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla, cedida para esta ocasión polo Bispado e Lugo e a Parroquia de Antas, que xa colaboraron co IEU en anteriores actividades culturais. Intervirán no acto Pilar García Porto, deputada provincial e responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo; María José Gómez Alvite, coordinadora da edición e coordinadora da sección de Historia do IEU; e Francisco Pardo, director do IEU, acompañados polas interpretacións dun grupo de músicos e músicas de Antas de Ulla.

Trátase do segundo libro monográfico dunha triloxía sobre a comarca da Ulloa proxectada polo Instituto de estudos Ulloáns. O primeiro libro foi As Feiras de Monterroso, e no ano próximo será editado outro centrado no castelo de Pambre e no concello de Palas de Rei.

O libro Antas de Ulla no Centro Xeográfico de Galicia abrangue temas moi diversos, dende historia, xornalismo, xeografía, bioloxía, persoeiros, etnografía, arte, música, ata creación literaria, referidos todos eles ao concello de Antas de Ulla. Son tamén moitos e representativos os autores e autoras do libro: Adolfina Mesa, Aldara García Gómez, Ana Moure Soengas, Andrés González Shuttleworth, Asociación Cultural e musical Tesmenteira, Cristina Varela Cadahía, Fernando García Penas (Fernando da Serra), Francisco Pardo Teijeiro, Hilda García Cabanas, Lucía Pérez Alonso (Nio), María José Gómez Alvite, Martiño Maseda, Mercedes Somoza López, Paco Ledo, Sandra Goded Millán, Técnicos de ordenación do territorio do IEU, Toño Núñez, Xesús Antonio Gulías Lamas, Xulio Pardo de Neyra e Xurxo Mouriño Lourido, a maior parte deles socios e socias do Instituto de Estudos Ulloáns.